sábado, 7 de febreiro de 2026

🎙️ 2º NO AIRE 🎙️
No mes da radio, o alumnado de segundo aproveitou para publicar os resultados dunha enquisa moi festiva: Enquisa sobre o Nadal.
Despois de comapartir as nosas experiencias quixemos saber cales eran os gustos máis repetidos na aula. Así que deseñamos, aplicamos e analizamos a nosa primeira enquisa.
E grazas ao profe Xurxo puidemos publicar os resultados nunha emisión de radio. Xa estamos pensando en repetir.



Seguimos a nosa andanza na radio durante este mes coa emisión que conmemora o día de Rosalía, ademais de fornear e degustar un riquísimo Pan de Millo feito cos nosos padriños e madriñas e compis de 6º!





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario