Amosando publicacións coa etiqueta visitas expertas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visitas expertas. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de marzo de 2026

🙌🏾 BOTÁMOSLLE UNHA MAN A CANTARES DO BRIÓN 🙌🏼

O pasado sábado 14 de marzo, parte do alumnado de 2º de EP tivo a honra de colaborar o Coro Tradicional de Cantares do Brión! Levamos meses practicando e perfeccionando unha canción que a nosa compi Cora nos ensinou con moita paciencia e agarimo.

E por fin chegou o día. Despois de coñecer á Garza e ao Brión e de gozar da súa magnífica música e de ver a nosa compi Cora e a súa irmá interpretar varias cancións, subimos ao escenario tan nervios@s como preparad@s e deixamos ao público pampo! 



Foi un pracer compartir esta primeira actuación do ano con el@s e quen sabe... poida que sexa o principio dunha moi fermosa e longa amizade! Un espectáculo para non perderso!

martes, 25 de marzo de 2025

♟️♟️ COMEZANDO CO XADREZ...

O pasado día 25 de marzo contamos coa visita dun mestre do clube de xadrez: Roberto Carlos.


Explicounos moitas cousas interesantes: como se inventou o xadrez, os utensilios que nos fan falta para xogar ao xadrez, etc. Pero tamén que é o deporte da mente! 





Aproveitamos para afondar un pouquiño máis e para comezar a poñer en práctica este novo deporte! 

GRAZAS POLO TEU TEMPO! 

venres, 7 de xuño de 2024

🐝 CANTO MÁIS DOCE É A MEL, MÁIS ANDAN AS ABELLAS NEL 🐝 

O pasado xoves 6 de xuño tivemos unha visita moi especial, o papá e a mamá de Anxo e Diego viñeron a vernos ao cole. Diana e Bruno trouxeron con eles unhas amiguiñas moi interesantes: unha morea de abellas!!!

Con moito agarimo e paciencia fóronnos amosando como nacían e vivían estos bechos. Ata puidemos ver unha delas en pleno nacemento. 

Coñecemos a abella raíña e aos seus zánganos. E vimos o moito que traballan as abellas obreiras.




Tamén nos contaron en que consiste o seu traballo e nos amosaron as ferramentas que empregan para poder levalo a cabo.


 




E finalmente vimos unha mostra do froito do seu traballo! 


Moitas grazas por agasallarnos co voso tempo e co voso saber facer.

martes, 21 de maio de 2024

🪇🪈 OBRADOIRO DE XOGUETES SONOROS 🪈🪇

O día 21 de maio, despois dunhas merecidas minivacacións, tivemos unha súper visita no centro: un artesán dos materiais naturais que nos enseñou a fabricar os nosos propios instrumentos.


Primeiro ensinounos unha gran variedade de elementos naturais, de custe cero, que nos rodean e podemos empregar: paos, canas, carozos, papel, etc. E moitas ferramentas que algúns coñecían moi ben!







Tamén nos deu exemplos do que podiamos fabricar: Curuxas, Xistros, Reque-reques, etc.



E non tardamos nadiña en poñernos mans a obra! Pista libre á creatividade e ao bo facer!









Para rematar, demos un concerto moi natural.



xoves, 11 de abril de 2024

 🚰 PREVENCIÓN SOBRE AS INUNDACIÓNS POR DESBORDAMENTOS🚰

O pasado mércores día 10 de abril veu a vernos unha investigadora de Augas de Galicia: Iria. Unha experta no análise e medición dos nosos ríos. 



Explicóunos como se comporta a auga, como cambia de estado e forma segundo as temperaturas e como se producen os debordamentos, como os que vivimos en Gondomar vai algo máis dun ano. 

Tamén nos explicou como previr estes fenómenos e unha vez máis a solución está na natureza.

Para rematar a sesión fíxonos unha proba sorpresa, e pasámola con creces! 


MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR A TÚA INVESTIGACIÓN CON NÓS!