20N Día Mundial dos Dereitos da Infancia
Temos dereito a que nos coiden, a ter unha familia que nos queira, a ir á escola, a comer, a estar sans, a xogar e a que nos escoiten.
Pero hai nenos e nenas no mundo que non poden ir á escola, que non teñen comida suficiente, que non teñen quen os coide ou que non poden xogar.
Por iso existe o Día Mundial da Infancia, que celebramos o 20 de novembro. É un día para lembrar que todos os nenos e nenas son importantes, que deben ser felices, estar protexidos e ter as mesmas oportunidades.
E sabedes unha cousa? Os dereitos son de todos os nenos e nenas, sen importar como sexan, de onde veñan ou como falen. Todos merecemos respecto, cariño e protección.


















