xoves, 18 de xuño de 2026

🕵🏼‍♀️ PROXECTOS DO CURSO 2025-26 DO 1º CICLO 🕵🏽‍♂️

Durante todo o curso, o alumnado do 1º ciclo estivo investigando sobre as diferentes tradicións da nosa contorna: cancións, persoaxes, lendas, lugares, festas, etc..  Fixemos unhas pescuda moi concienzuda en tódalas fontes que vos poidades imaxinar: xornais, radio, televisión, internet, familias, persoas expertas, no propio entorno, etc..

Para rematar por crear un marabilloso conto con monicreques sobre a importancia de conservar o noso legado (alumando de 1º):




E unha xincana sobre as festas máis importantes da parroquia e os seres mitolóxicos que viven e coidan o Monte Galiñeiro (alumando de 2º):






Foi espectacular, e o esforzo mereceu a pena! Parabéns compis!

🌳 SAÍDA FIN DE CURSO AO PARQUE FORESTAL DE SAIÁNS 🌲

Para festexar o fin de curso, primeiro ciclo decidiu botarse fóra do cole e nada mellor que poñerse á sombra de especies autóctonas e tradicionais da nosa contorna no Parque Forestal de Saiáns.

Un entorno marabilloso na mellor das compañías, case se nos olvida que ía moita colar! 🤭