Amosando publicacións coa etiqueta saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saídas. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2026

🌳 SAÍDA FIN DE CURSO AO PARQUE FORESTAL DE SAIÁNS 🌲

Para festexar o fin de curso, primeiro ciclo decidiu botarse fóra do cole e nada mellor que poñerse á sombra de especies autóctonas e tradicionais da nosa contorna no Parque Forestal de Saiáns.

Un entorno marabilloso na mellor das compañías, case se nos olvida que ía moita colar! 🤭






domingo, 31 de maio de 2026

⛰️ SAÍDA POR VINCIOS: O QUE OS OLLOS NON VEN ⛰️

O pasado día 29 de maio saimos a coñecer máis a fondo a nosa contorna: a parroquia de Vincios. Como nas aulas ía moita calor, saimos de boa hora para recoñecer o camiño que facemos por separado tódalas mañás para vir ao cole, pero facendo as nosas paradas de rigor: Cemiterio, Capela de Santa Lucía, O Torreiro da Festa e o seu Cruceiro, A tenda de Chus, O Peto de ánimas, a Reitoral, a Igrexa de Santa Mariña (que tan amablemente nos abriu Avelino, o sacristán) e o Centro Cultural. Son sitios que coñecemos pero que poucas veces compartimos tod@s xunt@s!







Unha mañá estupenda!

domingo, 25 de xaneiro de 2026

🚌 SAÍDA Á VIGO: A galiña azul 🚌

O día 21 de xaneiro, tivemos a gran sorte de poder ver unha obra de teatro baseada na obra dun dos grandes autores galegos: A galiña azul. Unha peza que nos fixo empatizar e reflexionar coas persoas que temos por diferentes á nosa cultura e coas que convivimos no noso día a día.





Como non podía ser doutro xeito, entre treboada e treboada, aproveitamos para pasear pola cidade de Vigo. Aproveitamos para visitar o mercado do progreso onde as súas persoas traballadoras nos explicaron o seu día a día e quefaceres. 

Diante de tanta comida aproveitamos para merendar.

E como non podía ser doutro xeito, fomos a visitar o concello, no que se levan a cabo moitas activiades, pero tamén acolle ao alcalde da cidade. 

 

  

Como a choiva non deu tregua, demos por finalizada a nosa visita antes do previsto pero pensando xa na seguinte saída!

martes, 21 de outubro de 2025

🏃🏻‍♀️🏃2º BOTOU A CORRER🏃‍♀️🏃🏽

O pasado xoves día 16 de outubro, o alumnado de 2º EP estreouse no Cross Escolar do Val Miñor, e fíxoo ao grande... Non había suficiente praia da Ladeira en Baiona para correr! Corremos, rimos, merendamos, xogamos e pasámolo en grande, en compañía do profe Miguel e da profe Eva! 








xoves, 5 de xuño de 2025

 💚 🌳 SAÍDA FINAL DE CURSO 2024-25: CORAZÓN DE CARBALLO 🌳 💚

O pasado día 5 de xuño fixemos a nosa saída final de curso, e que mellor, que no día do MEDIOAMBIENTE, pasalo nunha experiencia inmersiva na natureza, rodead@s de animais, prantas e demais seres vivos autóctonos! Aquí podedes ollar un chisquiño de todo o que vivimos.


mércores, 4 de xuño de 2025

🫂 ACOLLIDA AS NOSOS FUTUROS COMPIS DE CICLO 🫂

O pasado martes día 3, coincidindo coa semana do medio ambiente e co final de curso, o alumnado de 1º ciclo xuntouse co alumnado de 5 anos para xogar, rir, bailar, cantar e soñar xuntos e xuntas. Foi a nosa forma de darlle a benvida a uns cativos e cativas que están a punto de dar o salto de etapa.

E ollo que isto promete...



mércores, 14 de maio de 2025

🎣 VISITA Á LONXA DE CESANTES 🦑

O pasao 28 de abril, mentres medio país estaba co corazón nun puño polo apagón, nos puidemos gozar dunha saída moi interesante á Cesantes: recoñecemos animais da nosa contorna, coñecemos artes de pesaca variadas e ata probamos o duro que é o marisqueo. Pero como todo esforzo ten a súa recompensa, puidemos probar tamén algunhas tapiñas froito do noso suor! Unha mañá moi completa.



luns, 7 de abril de 2025

⚓️ VISITA AO MUSEO DO MAR DE VIGO ⚓️ 

O día 3 de abril visitamos o Museo do Mar de Vigo, e aínda que a mañá comezou pasada por auga, tamén soubemos aproveitar as raiolas de sol que bañaron a contorna. 

Investigamos sobre a Prehistoria e o seu modo de vida e tamén sobre os pobos Castrexos, buscamos peixes e demais fauna mariña. Ata tivemos tempo de xogar cunhas vistas incomparables.




mércores, 2 de abril de 2025

🚶🏻‍♀️🚶🏽 ANDAINA POLA PARROQUIA DE VINCIOS 🚶🏻‍♀️🚶🏽

O pasado venres 28 de marzo, un día solleiro e cheo de enerxía puidemos explorar as rúas da nosa parroquia, e non perdemos detalle. Foi unha xornada marabillosa!





xoves, 19 de decembro de 2024

🎄NADAL EN GONDOMAR🎄

O día 17 de decembro fixemos a nosa xa tradicional visita á Vila de Gondomar. Ademais de facer varias xestións: no mercado, en correos, etc. Tamén puidemos catar chocolate quentiño e unhas rosquillas exquisitas.





martes, 17 de decembro de 2024

🎭 SAÍDA POLA CIDADE DE VIGO 🎭

O pasado xoves 12 de decembro fomos a Vigo a gozar dunha obra de teatro, pero aproveitamos para ver o ambiente de Nadal que inunda a cidade, pero tamén para xogar e troulear.



mércores, 26 de xuño de 2024

🏖️ SAÍDA FINAL DE CURSO: BAIONA ALÁ IMOS! 🏖️


Este ano, para rematar este curso fomos a Baiona, con tódolos nosos compañeiros e compañeiras do cole: grandes medianos e pequenos. Amais de fedellar na praia e mollar un chisco os pés, tamén merendoleamos en gran compañía e probamos tódolos xogos do parque. 

Unha despedida do curso por todo o alto.



venres, 14 de xuño de 2024

🏘️ SAÍDA POLA PARROQUIA DE VINCIOS 🏘️

O pasado 11 de xuño o alumnado de 1º ciclo quixo darlle a benvida ao futuro alumnado de 1º de EP: os nenos e as nenas de 6º de educación infantil. E nada mellor que comezar cuns xogos ao aire libre nos que presentarnos e divertirnos.










Houbo de todo, apertas, carreiras, búsquedas... e moitas, moitas risas. Unha vez emperallados e emparelladas da man de Librincios...






Comezamos a nosa andaina pola beira do río Zamáns para depositar o lixo no lugar que lle corresponde: os colectores de lixo.


 





E despois de tanto traballiño, so podiamos pensar na merenda... e na troula!





De volta no cole aproveitamos para limpar o noso patio e explorar novos xogos en compañía.

Fixádevos ben, canto lixo recollemos: 7 quilos!

                      




Foi unha xornada inesquecible! Volvede cando queirades compis!