Amosando publicacións coa etiqueta fotos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fotos. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de xuño de 2022

PERCORRIDO POR VINCIOS

      Hoxe os alumnos/as do 1º Ciclo fixeron un pequeno percorrido a pé polo barrio da Serra, na parroquia de Vincios, para recoñecer as edificacións e servicios máis reseñables cos que conta a nosa contorna.

      Tivemos a sorte de contar coa profe Ana que foi unha guía fantástica e  fíxonos moi amena a andaina coas súas explicacións.

         Unha clase a pé de rúa !

      Aplauso merecen tamén todos os nenos/as que a pesar da calor que vimos acumulando estes días, tiveron unha actitude excepcional. 👏👏👏





venres, 20 de maio de 2022

CONTOS POLA IGUALDADE

      Hoxe, tódolos nenos do cole, gozaron dun marabilloso contacontos de Bea Campos e Manuel Botana entorno a 3 contos:

     -  Rosa Caramelo

     -  Daniela Pirata

     - O libro dos porcos

     Foi unha xornada moi divertida nun entorno envidiable.

venres, 13 de maio de 2022

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2022

   Hoxe celebramos o Festival das Letras Galegas no colexio coas diferentes actuacións de todos os cursos, festival que organiza o equipo de Dinamización da Lingua Galega.

     A celebración rematou coa entrega de premios do "Concurso de poemas e relatos A Xoaniña" e este ano os gañadores do ciclo foron Iria  co poema "Primavera" e Daniel  co relato " O Cabaleiro". 

   Parabéns a todos os gañadores e participantes nas actuacións desta data tan sinalada.







venres, 22 de abril de 2022

OBRADOIRO PERCUSIÓN

        Esta semana levouse a cabo, dado o exito que tivo o curso pasado  , o obradoiro de percusión para todo ou cole "ECO-PERCUSIÓN" a cargo dos percusionistas Diego e Didier que  conseguíron entusiasmar  aos  nenos/as con esta  actividade e de paso  liberar a enerxía acumulada e non liberada de varios días de chuvia sen patio .

     Aquí deixámosvos unhas fotos , se clicades na imaxe, da actividade con algúns que outros futuros percusionistas .





venres, 18 de marzo de 2022

SAÍDA A NATURNOVA

 

Hoxe os alumnos/as do 1º Ciclo fixeron unha visita a Naturnova .

En grupos foron percorrendo as diferentes salas temáticas para obter información sobre a " Lúa e os planetas " e tamén entrar nun simulador submarino, que foi o exito da visita, para ver as especies que se atopan no fondo da ría de Vigo.

Como fixemos a visita por quendas , mentres un grupo estaba no espazo de Naturnova,  outro percorreu unha exposición fotográfica itinerante sobre o volcán da Palma.

Aquí deixámosvos unhas fotos da nosa saída.👇




venres, 25 de febreiro de 2022

FESTEXANDO O ENTROIDO

  Os  nenos e meniñas  do 1º Ciclo, como remate a semana  mergullados nos  mandadiños  do  Meco ,  puidemos desfilar mostrando os  nosos disfraces de Elefantes e Piratas  aos  nosos  compañeiros  do cole , enchendo entre todos o patio de música e  cores.

   Tedes  na web  do cole  as fotos e video dá  nosa celebración e aquí  algunhas  fotiños dos  nosos disfraces.👇





luns, 31 de xaneiro de 2022

SOPIVINCIOS POLA PAZ

    Este ano celebramos o " Día da Paz " facendo tarefas nas aulas ao redor do libro " A mellor sopa do mundo ", aprendendo unha canción para cantar todos xuntos e cun mural que decoramos entre todos .







luns, 20 de decembro de 2021

SESIÓN DE PINCHADISCOS

       Despedimos o trimestre cunha sesión de pinchadiscos a cargo de MariFaltri  que grazas a ANPA fixo sonar temas da música infantil galega para que remataramos o trimestre bailando.
Ao termino da sesión entregouselle ao alumnado o agasallo dun libro .

O que nos teña que pillar que nos pille  bailando !


Na web do cole tedes un video da sesión con todo o alumnado.





luns, 8 de novembro de 2021

O NOSO MAGOSTO


    Un curso máis celebramos o noso magosto no monte Galiñeiro.

    Ata que chegou o momento de saborear as castañas que asaron os afumados profes durante toda a mañá,  enchémolo tempo con xogos , camas de follas e lidando entre as rochas.

   Sorte tivemos de disfrutar ao aire libre desta celebración cun solleiro día de outono.




martes, 14 de setembro de 2021

XA ESTAMOS DE VOLTA !

Comenza o curso 2021-2022


Damos a benvida aos nenos e nenas de 1º que se incorpora a Primaria, unha nova etapa para seguir aprendendo e para vivir experiencias novas, con amigos e profesores novos que serán os acompañantes neste  camiño por esta etapa.

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA


Arrincamos todos o curso coa ilusión de compartir novos proxectos e inquedanzas e como somos un equipo sabemos que xuntos afrontaremos ás dificultades para chegar ao final cun gran ...


BO CURSO A TOD@S !




martes, 22 de xuño de 2021

CHEGARON AS VACACIÓNS !


     Hoxe rematamos o 
curso  cunha  saída  ao monte  Galiñeiro, case  onde empezamos  ao principio  ,  cun curso por  encher e  cheos de  incertezas pero ...  grazas  ao  comportamento  exemplar dás familias e  do  noso alumnado que  asumiron todas  as  instrucións de  hixiene, uso de máscaras, distancia etc. conseguimos  manter a  presencialidade durante todo o curso.

      A  realidade parece que  é  outra  ,  nós rematamos igual que empezamos, en  burbullas pero  moi contentos por  chegar  xuntos ata ou final e  cheos de  plans para  facer  en vacacións .

Engadimos uns xogos e recursos por idades e temáticas para pasar un ratiño e ...

👉JUEGOS Y ACTIVIDADES ONLINE PARA 1º PRIMARIA


👉JUEGOS Y ACTIVIDADES ONLINE PARA 2º PRIMARIA


Que  disfrutedes tod@s  moito  deste merecido  tempo de  lecer !


ATA O 9 DE SETEMBRO  👋


xoves, 3 de xuño de 2021

SAÍDA VIGOZOO !

Hoxe os alumnos de 1º e 2º fixemos un percorrido polo zoo de Vigo.

   A visita guiada  non só foi unha explicación sobre as diferentes especies que habitan en Vigozoo, senón tamén que coñecemos porque están aquí a maioría dos animais, moitos deles víctimas de maltrato.

   Contáronnos as súas tristes vidas ,maltratadas con mil perrerías nos circos ou en cautividade por persoas sen conciencia que mutilaron a súa capacidade de vivir en liberdade e que se non recibirán os coidados do persoal do zoo non serían quen de sobrevivir .

   A nosa guía complementou a visita ensinándonos e explicándonos características de cornamentas de varios animais e ... ata puidemos tocar unha púa enorme dun porco espiño. 

    Pasóusemos a mañá voando !





mércores, 19 de maio de 2021

CONCERTO DE ELENA PAZ

Poñendo a guinda  á nosa celebración da Semana das Letras a  profe Elena  coa colaboración de Davide  González, nos agasallaron  cun estupendo concerto .


Fixeron gozar a todos, en especial  aos  nosos  pequenos por  lembrar non  seu repertorio temas cantados  nas  súas clases ,conseguindo que a  súa actuación tivera  uns coros entrañables. 

Graciñas Elena pola túa música nun día solleiro  !




venres, 14 de maio de 2021

FESTIVAL LETRAS

Hoxe celebramos o noso Festival das Letras  con moita ilusión de todos por poder estar xuntos , aínda non revoltos, actuando fenomenal  e presenciando en directo as estupendas  actuacións  dos nosos compañeiros .

Aqui tedes unhas fotiños da celebración e a montaxe de video de todas as actuacións e da entrega de premios dos concursos deste trimestre.




 E ... parabéns as gañadoras do noso ciclo ,polo merecido premio no concurso literario "Xoaniña" deste ano. 














venres, 12 de febreiro de 2021

DESFILE DE ENTROIDO

   Un curso máis chegou o Entroido e este ano… tivemos que celebralo dun xeito diferente.

   Grazas ao tempo e esforzó adicado polo Equipo directivo , o Equipo de “Tiroliro “  e os que sempre están, para botar unha mán nas datas sinaladas … os demais puidemos desfilar para ensinar os nosos disfraces, enchendo por un tempo o noso patio de música, baile e coloridos  disfraces.

   Aquí tedes unhas montaxes de fotos e video do breve pero fantástico  desfile do cole.





luns, 9 de novembro de 2020

SAMAÍN NO COLE

 Así foi o Samaín do Serra este curso.


Déixovos  tamén o cartel coas bases do primeiro concurso de  Librincios deste curso.
                                                          Animarvos !



luns, 19 de outubro de 2020

MAGOSTO NO GALIÑEIRO

     Aquí deixámosvos algunhas fotos de todos os compañeiros do cole que subimos a celebrar o MAGOSTO este curso no Galiñeiro e que compartimos xuntos esta data   pero ... non revoltos, como non puido ser doutro xeito dadas as circunstancias nas que estamos inmersos.

  Por unhas horas case que esquecemos todo e puidemos disfrutar de moito xogo e aire libre nesta fermosa paixaxe da nosa contorna.