luns, 30 de novembro de 2020

MICRORRELATOS TERRORÍFICOS

Deixámosvos aquí a montaxe con todos os traballos presentados ao primeiro concurso de Librincios deste curso no que tamén se animaron a participar alumnos/as de 1º e 2º cuns fantásticos relatos terroríficos.

Esperando a complicada decisión do xurado para decidir os gañadores ...


venres, 20 de novembro de 2020

DIA DA INFANCIA

 Hoxe lembrando o " Día dos dereitos da Infancia"...



A profe Elena arrincounous máis dun sorriso con este video dos nosos nen@s.

" Unha das cousas máis afortunadas que nos poden suceder na vida e ter unha infancia feliz"

Parabéns aos nosos tesouros que tantas veces nos fan rir .


Se clicades👉 aquí ou entrades no blogue de música  poderedes ver e escoitar aos músicos do cole no seu "Concerto santa Cecilia " Uns artistazos !



luns, 9 de novembro de 2020

SAMAÍN NO COLE

 Así foi o Samaín do Serra este curso.


Déixovos  tamén o cartel coas bases do primeiro concurso de  Librincios deste curso.
                                                          Animarvos !