xoves, 23 de marzo de 2023

 ✈️ 🚜 CONTACONTOS VIAXEIRO 🚠 🚃


O pasado día martes de 16 de marzo, a profe María regalounos un contacontos adicado a tódalas avoas do mundo: Una abuela por el mundo, da autora Lucía Mojón.

Puidemos escoitar e ver cantas viaxes divertidas e curiosas facía a avoa Carmela! Puidemos comprobar os seus destinos nun mapa.. e temos que dicir que se moveu máis que unha buxaina.




Para rematar, agasallounos cunha imaxe na que podemos sacar a nosa creatividade para debuxar as nosas avoas aventureiras. 

Moitas grazas profe María.