domingo, 30 de abril de 2023

😎SAÍDA A VIGO 😎

O pasado martes 18 de abril, aproveitando estes días solleiros que nos está a regalar á primavera, o alumnado de 1º ciclo viaxou ata Vigo para visitar o Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación, este ano adicado aos misterios do sol.

O persoal do centro acompañounos na exploración de 3 talleres para resolver o desafío proposto pola mascota Pintafontes, e poder lograr tódalas pezas dun quebracabezas sobre o sol.

Pasamos por un subamrino no que investigamos sobre as especies acuáticas das nosas rías e puidemos coñecer o funcionamento do noso sistema solar, por unha sala adiacada as enerxías renovables entre elas o sol. E finalmente experimentamos sobre a composición e funcionamento do noso planeta.

Para rematar fomos merendar ao parque de Castrelos, onde puidemos gozar de toda a súa fauna e a súa flora, e por suposto do seu parque infantil! 

Aquí vos deixamos unha pequena montaxe dos nosos mellores momentos.




martes, 4 de abril de 2023

🌿 OBRADOIROS DE PRIMAVERA 🌿

ESTE TRIMESTRE VOLVÉMONOS A XUNTAR TODO O ALUMNADO DE PRIMEIRO CICLO PARA EXPERIMENTAR DIFERNTES PROPOSTAS; DESTA VOLTA RELACIONADAS CO NOVA ESTACIÓN QUE ACABAMOS DE INAUGURAR: A PRIMAVERA.

COA PROFE ELENA DESCUBRIMOS O MUNDO DOS PODCAST E FIXEMOS OS NOSOS PRIMEIROS PINITOS COMO PRESENTADORES E PRESENTADORAS. PODEDES ESCOITAR AS NOSAS CRACIÓNS NO CANAL DE YOUTUBE DE LIBRINCIOS.

DA MAN DA PROFE SABELA PARTICIPAMOS NUNHA XINCANA PARA DESCUBRIR OS RECUNCHOS MENOS COÑECIDOS DA BIBLIOTECA E COÑECER UN CONTO MOI BONITO SOBRE O IMPORTANTE QUE É SABER AGARDAR CON PACIENCIA.

A PROFE ANA AXUDOUNOS A COÑECER E A CREAR UNHA FLOR CON MATERIAL QUE TEMOS NA CASA.

E COA PROFE CRIS PUIDEMOS DARLLE USO AO INVERNADOIRO E PRANTAR UNHAS LEITUGAS QUE AGARDAMOS RECOLLER EN BREVE!

AQUÍ QUEDAN ALGUNHAS INSTANTÁNEAS DESES MOMENTOS TAN DIVERTIDOS E QUE TANTO NOS GUSTA COMPARTIR.





sábado, 1 de abril de 2023

🏀 🏀 VISITA DO CELTA BALONCESTO FEMININO 🏀 🏀 

O pasado día 30 do mes de marzo viñeron a visitarnos as xogadoras do Celta de Baloncesto Feminino. Coñecemos a Sara Vidal, Alejandra Sánchez, Marina Gea, Alja Selimovic e a entrenadora Silvia Calviño; todas elas acompañadas pola nosa profe Sabela, tamén entrenadora no Celta de Baloncesto Feminino.

 

Despois de presentarse e saudarnos, preparáronnos un circuito como o que elas empregan para adiestrarse. Menudas carreiras tivemos que botar! Terminamos suando a gota gorda 😅 .





Tamén nos contestaron a tódas as nosas curiosidades sobre este deporte. Así foi como descubrimos como rematan os partidos de baloncesto, cantos anos levan xogando, como se senten cando non lles saen as cousas como lles gustaría despois de tanto entreno... Déronnos moito no que pensar.


Para rematar sortearon equipacións do seu clube! 

Moitas grazas por vir a visitarnos e compartir con nós un pouquechiño da vosa experiencia. E moitas grazas a nosa profe Sabela por invitarnos a coñecer un poquechiño máis este deporte tan divertido.