Tripulantes do UNIVERSO SERRA, onte fixemos a nosa primeira saída ao Monte Galiñeiro e alí vivimos unha superaventura cos nosos amigos e amigas do cole.
Aquí vos deixamos unhas cantas imaxes para que vexades o ben que disfrutamos do NOSO MAGOSTO.
Ola tripulantes!!
Os amigochos e amigochas do 1º ciclo de Primaria e neste curso imos vivir aventuras interespeciais entre os superprimeiros que forman 1º e os compas de 2º.
Superprimeiro despegueeee!!
Ola amigochos e amigochas, somos os compas de 1º de Ed. primaria e neste curso escolar temos a nosa clase no segundo andar do colexio porque...xa somos SUPERPRIMEIRO!!
De vez en cando , temos cartas misteriosas dun amigo paxaro espacial que nos deiza algunha que outra misión.E , sabedes porque unha ave espacial? Porque neste curso, o Ceip Serra Vincios vai mergullarse no Universo viaxando ata chegar á lúa co ARTEMIS II.
Apetécevos explorar con nós esta fantástica viaxe?
Adiante, tripulantes!Poñede os cascos , encendede os motores da vosa nave ,e... 3, 2 , 1...DESPEGUEEE!