venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ

 O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

Sen dúbida o que tentamos fomentar todos os días... unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz que permita ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

Este curso como a situación de pandemia  invade todo … grazas ao cole por unhas horas case que logramos esquecer a crua realidade que temos ao redor,  inmersos  nas rutinas diarias dás aulas,  aínda así , os nosos pequenos nos fan saber canto  desexan volver a  ter   xuntanzas  cos  seus amigos e familiares .

O equipo dá biblioteca  contou este  contiño " Hasta que podamos abrazarnos ", con motivo desta data sinalada, cheo de  boas  propostas  para  facer  mentres  non  podamos  xuntarnos ou achuchar aos que  máis botamos de menos.