mércores, 25 de febreiro de 2026

🎉ENTROIDO Á OURENSÁ🎉

Este ano, como estamos metidos e metidas de cheo na tradición do noso país, escollemos a provincia de Ourense para investigar sobre o Entroido.

En 1º EP decidimos sucumbir aos encantos do Triángulo Máxico, e disfrazámonos das Pantallas de Xinzo. Gozamos moito preparando os nosos disfraces e aprendendo moito sobre os seus rituais e significados.

En 2º EP metémonos de cheo no Oriente Ourensán para investigar sobre un Entroido recén declarados de Interese Nacional. E como son moitos e moi variados, escollemos o Entroido de Buxán, co seu folión e as súas Mázcaras.

Espero que o vos o gozarades tanto coma nós!

Ningún comentario:

Publicar un comentario