🌺Obradoiros de Primavera🌺
Que mellor xeito para darlle a benvida a unha nova e solleira estación, que comezala xunt@s e de troula!
🎄OBRADOIROS DE NADAL🎄
Despois do magosto xa cheira a Nadal, e para que non nos pille co pé cambiado, este ano damos por inaugurada a tempada festeira que máis nos gusta xuntándonos os nenos e as nenas de 1º e 2º!
Durante todo o día 3 de decembro puidemos remexer na horta, picar na cociña e argallar unhas postais moi fermosas! Aquí queda un pequeniño resumo.
🏵️ OBRADOIROS DO 2º TRIMESTRE 🏵️
E para rematar o trimestre con bo sabor de boca, o luns 18 de marzo decidimos xuntarnos de novo para compartir experiencias, ideas e moita diversión. Puidemos gozar de 4 obradoiros variados: Land Art, Radio, Atrapasoños na escuridade e Decoración de Ovos de Pascua.
Aquí podedes ver un anaquiño deste día tan intenso:
🎄 OBRADOIROS DE NADAL 🎄
Este curso quixemos adiantarnos ao Nadal cuns obradoiros moi divertidos e festeiros. Durante 2 semanas puidemos participar tódolos nenos e nenas de primeiro ciclo nun obradoiro audiovisual coa mestra Elena, crear unha manualiade coa mestra Ana, cociñas unhas deliciosas galletas coa mestra Lucía ou prantar no invernadoiro vexetais típicos desta época.
Aquí vos deixamos un pequeno buratiño dende o que mirar como o pasamos! Somos moi artistas!
☀️ OBRADOIROS DE VERÁN ☀️
PARA REMATAR O CURSO NADA MELLOR QUE VOLVERNOS A XUNTAR PARA TRABALLAR UN TEMA QUE NOS PREOCUPA E NOS IMPORTA MOITO: A INCLUSIÓN.
NESTA OCASIÓN NON SÓ ESTIVEMOS COS NOS@S COMPIS DE CICLO, TAMÉN CONVIDAMOS AO ALUMNANDO DE 5 ANOS, QUE NUN PAR DE MESES XA FORMARÁ PARTE DA ETAPA DE PRIMARIA. ASÍ QUE APROVEITAMOS PARA DARLLE UNHA BENVIDA MOI ACOLLEDORA.
COA PROFE ELENA PINTAMOS MADEIRAS PARA UN DIFUSOR DO SON, QUE PERMITA UNHA BOA ACÚSTICA DE TÓDOLAS VOCES.
NA COCIÑA, COA PROFE ANA, PRACTICAMOS RECEITAS SINXELAS, FRESCAS E SAS, QUE NOS MANTEÑAN EN PLENA FORMA. MENOS MAL QUE TIÑAMOS AS LEITUGAS BEN REGADIÑAS! QUE BOAS ESTABAN!
DA MAN DA PROFE SABELA, POR RECOMENDACIÓN DO MESMÍÑO LIBRINCIOS, COÑECEMOS MOITOS TIPOS DE FAMILIAS, TODAS ELAS MOI FELICES. PUXÉMONOS MANS Á OBRA E CREAMOS O NOSO PROPIO LIBRO DE FAMILIAS! QUE GANAS DE VELO NA BIBLIOTECA!
E COA PROFE CRIS, POR PETICIÓN EXPRESA DA NASA, COÑECEMOS O CASO DUNHA PARELLA DE PINGÜÍNS MACHOS QUE TIVERON UN TANGO! E PARA CELEBRALO CREAMOS ARCOS DA VELLA QUE CLAMAN POLA LIBERDADE DE TÓDALAS PERSOAS QUE NON O PODEN FACER.
UNS TRABALLOS DOS QUE ESTAMOS MOI, MOI ORGULLOS@S!