Amosando publicacións coa etiqueta Curso 21/22. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 21/22. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de xuño de 2022

PERCORRIDO POR VINCIOS

      Hoxe os alumnos/as do 1º Ciclo fixeron un pequeno percorrido a pé polo barrio da Serra, na parroquia de Vincios, para recoñecer as edificacións e servicios máis reseñables cos que conta a nosa contorna.

      Tivemos a sorte de contar coa profe Ana que foi unha guía fantástica e  fíxonos moi amena a andaina coas súas explicacións.

         Unha clase a pé de rúa !

      Aplauso merecen tamén todos os nenos/as que a pesar da calor que vimos acumulando estes días, tiveron unha actitude excepcional. 👏👏👏





venres, 20 de maio de 2022

CONTOS POLA IGUALDADE

      Hoxe, tódolos nenos do cole, gozaron dun marabilloso contacontos de Bea Campos e Manuel Botana entorno a 3 contos:

     -  Rosa Caramelo

     -  Daniela Pirata

     - O libro dos porcos

     Foi unha xornada moi divertida nun entorno envidiable.

venres, 22 de abril de 2022

OBRADOIRO PERCUSIÓN

        Esta semana levouse a cabo, dado o exito que tivo o curso pasado  , o obradoiro de percusión para todo ou cole "ECO-PERCUSIÓN" a cargo dos percusionistas Diego e Didier que  conseguíron entusiasmar  aos  nenos/as con esta  actividade e de paso  liberar a enerxía acumulada e non liberada de varios días de chuvia sen patio .

     Aquí deixámosvos unhas fotos , se clicades na imaxe, da actividade con algúns que outros futuros percusionistas .





venres, 18 de marzo de 2022

SAÍDA A NATURNOVA

 

Hoxe os alumnos/as do 1º Ciclo fixeron unha visita a Naturnova .

En grupos foron percorrendo as diferentes salas temáticas para obter información sobre a " Lúa e os planetas " e tamén entrar nun simulador submarino, que foi o exito da visita, para ver as especies que se atopan no fondo da ría de Vigo.

Como fixemos a visita por quendas , mentres un grupo estaba no espazo de Naturnova,  outro percorreu unha exposición fotográfica itinerante sobre o volcán da Palma.

Aquí deixámosvos unhas fotos da nosa saída.👇




venres, 25 de febreiro de 2022

FESTEXANDO O ENTROIDO

  Os  nenos e meniñas  do 1º Ciclo, como remate a semana  mergullados nos  mandadiños  do  Meco ,  puidemos desfilar mostrando os  nosos disfraces de Elefantes e Piratas  aos  nosos  compañeiros  do cole , enchendo entre todos o patio de música e  cores.

   Tedes  na web  do cole  as fotos e video dá  nosa celebración e aquí  algunhas  fotiños dos  nosos disfraces.👇





luns, 31 de xaneiro de 2022

SOPIVINCIOS POLA PAZ

    Este ano celebramos o " Día da Paz " facendo tarefas nas aulas ao redor do libro " A mellor sopa do mundo ", aprendendo unha canción para cantar todos xuntos e cun mural que decoramos entre todos .







luns, 24 de xaneiro de 2022

SEMANA DA PAZ

     O 30 de xaneiro celébrase desde 1964 o Día Escolar da Non-violencia e a Paz . A data é unha homenaxe a  Mahatma  Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica, que foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948.

   O obxectivo deste día é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Así, os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

     Non  noso cole este ano conmemoramos esta data realizando esta semana  tarefas  ao redor   do   conto " A  MELLOR SOPA  DO MUNDO" . Partindo  dun  encontro fortuíto, propiciado polo mal tempo, esta historia  amosa que con  pouco pódese  facer  moito,  á vez que resalta o valor dás  pequenas  cousas e, sobre todo, dá  amizade.

      Nós por equipos traeremos os ingredientes para facer a nosa sopa e ilustrarémolos para elaborar un mural común " SOPIVINCIOS POLA PAZ" 



Na imaxe inferior tedes a canción do conto 👇



E ... seguimos cantando pola Paz , con esta fermosa canción " La guerrilla de la concordia" de Jorge Drexler.










martes, 21 de decembro de 2021

UN NADAL DIFERENTE !

      Como xa sabemos todos a situación na que estamos, este último mes  ... 

    O noso festival de panxoliñas resultou estraño, entre altas e baixas dos alumn@s  e que algúns xa non se incorporan ata xaneiro, decidimos  o venres aproveitando o bo tempo, gravar no exterior algunhas actuacións  cos alunmos que asistiron ese día.

        Os nenos de do 1º Ciclo , botando moito  de  menos aos  compañeiros  que  faltaban ,  cantaron cos seus desexos cheos de ilusión e esperando que a volta das vacacións podamos estar todos xuntos de novo.

                                         BO  NADAL  A  TOD@S !




 Aquí deixo un enlace con xogos relacionados co Nadal para pasar un ratiño.






luns, 20 de decembro de 2021

SESIÓN DE PINCHADISCOS

       Despedimos o trimestre cunha sesión de pinchadiscos a cargo de MariFaltri  que grazas a ANPA fixo sonar temas da música infantil galega para que remataramos o trimestre bailando.
Ao termino da sesión entregouselle ao alumnado o agasallo dun libro .

O que nos teña que pillar que nos pille  bailando !


Na web do cole tedes un video da sesión con todo o alumnado.





luns, 8 de novembro de 2021

O NOSO MAGOSTO


    Un curso máis celebramos o noso magosto no monte Galiñeiro.

    Ata que chegou o momento de saborear as castañas que asaron os afumados profes durante toda a mañá,  enchémolo tempo con xogos , camas de follas e lidando entre as rochas.

   Sorte tivemos de disfrutar ao aire libre desta celebración cun solleiro día de outono.




venres, 29 de outubro de 2021

CHEGOU O SAMAIN

    Por fin  despois de estar toda a semana  atarefados entre  contos , receitas, esqueletos,  cancións, cestas e  cabazas  chegou a posta en escea no cole  do  noso Samaín.

    Nos  blogues de aula e  do cole  engadiranse  algunhas  montaxes  deste día e  mentres un aperitivo  do  medo tremendo que pasamos con estes  rapaciñ@s tan  ben disfrazados que daba  medo velos.





Lembrade o concurso de "FOTOS TENEBROSAS" convocado por 👉 Librincios  no que podedes participar ata o día 19 de novembro enviando as vosas fotos.

Xogos relacionados con estas datas para pasar un ratiño. Preme na imaxe e escolle un xogo.👇




luns, 25 de outubro de 2021

INDO PARA O SAMAÍN

 -Samaín, genially con actividades sobre o texto "O noso Samaín", de Loretta Birott, para o alumnado de Ed. Primaria elaborado por diferentes centros de ensino galegos para a celebración do Samaín e do magosto.





martes, 14 de setembro de 2021

XA ESTAMOS DE VOLTA !

Comenza o curso 2021-2022


Damos a benvida aos nenos e nenas de 1º que se incorpora a Primaria, unha nova etapa para seguir aprendendo e para vivir experiencias novas, con amigos e profesores novos que serán os acompañantes neste  camiño por esta etapa.

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA


Arrincamos todos o curso coa ilusión de compartir novos proxectos e inquedanzas e como somos un equipo sabemos que xuntos afrontaremos ás dificultades para chegar ao final cun gran ...


BO CURSO A TOD@S !