venres, 30 de outubro de 2026

 

Samaín arrepiante no Serra Vincios

Hoxe foi un día moi terrorífico porque o noso esquelete Rodolfo  recibiunos na clase as escuras e cunha música terrorífica o que nos provocou moita risa.


E logo de visitar as castañas e e as cestas de outono
 fomos á cociña para merendar
 froitas e alimentos ricos e sen gluten e  



de remate unhas compras no mercado que os de 6º prepararon con moito agarimo no recreo

xoves, 29 de outubro de 2026

 MISIÓN ARTEMIS
 

Afillados/as de 1º e 2º e padriños e madriñas de 6º 
 
reunímonos para resolver unha misión especial que Librincios nos deixou nas nosas aulas.Tivemos que descifrar un enigma moi misterioso  para poder descubrir que as letras de ARTEMIS estaban agochadas polos diferentes andéis da Biblio.
 Que divertido  ser detective cos nosos padriños e madriñas de 6º!!

  Iso sí,costounos un pouquiño facer a pulseira coas letras ARTEMIS pero coa axuda dos nosos amigos de 6º fíxose todo moito máis seixelo.

mércores, 28 de outubro de 2026


Unha sesión musical bárbara



 Que sesión fantástica vivimos coa agrupación musical de Vincios onde puidemos ver como  as nosas compas de 2º xa tocan fantásticamente os instrumentos. Que marabilla!!

martes, 20 de outubro de 2026

                              Movendo o esqueleto

Ola amigochos e amigochas !!

Hoxe , durante a mañá fixemos unha chea de cousas!!

Pavi visitou a nosa clase e deixounos  unha carta e un  libro cofre onde apareceu a letra -m.

Así que puxémonos mans á obra e practicamos a -M con area, con letra de lija, con plastilina e fixemos dous traballos en papel sobre a letra -M. O mellor de todo e que xa sabemos LER!!

Así que para festexalo a profe na hora de ciencias naturais, onde coñecemos montonazo de nomes que fan referencia a partes do corpo , movimos o noso corpo coa canción de MIGALLAS .


Se queredes escoitala de novo para practicar as partes do corpo , aquí vai.



Acendede ben os altofalantes porque a música comeza en 

3, 2, 1....Despegue!!!



luns, 19 de outubro de 2026

 Unha mañá axetreada de números

Ola amigochos e amigochas ;

Hoxe tivemos unha mañá moi  numérica porque manipulamos números a través de: palillos , 



palillos, cubos multibase e con regletas. 





Tamén facemos grafía dos números; esta vez tocounos practicar  coa familia númerica do 10 que vai do 10 ao 19. 



 As nosas rutinas do luns 

Os luns pola mañá , cando chegamos a clase unha das rutinas que realizamos e contarlles aos nosos compas como vivimos a nosa fin e semana. Algo que nos gusta dicir é aquilo que nos resultou máis divertido. 

Despois desta actividade facemos outra como ser contadores de historias tirando un dado para descubrir que personaxe, en que lugar e cando sucede a historia que nos mesmos inventamos. Así interiorizamos os elementos da narración e coñecemos a estructura dunha historia: presentación , nó e desenlace.

venres, 16 de outubro de 2026

 Unha carreira emocionante

Este venres día 16 de outubro o alumnado do Ceip Serra Vincios participou nunha xornada ben atlética organizada por XOGADE onde os nosos compas de 2º divertíronse participando na carreira con outros nenos e nenas da súa idade doutros colexios do Val Miñor. 


 Como nos gusta manipular as mates!!

E 1, e 2 e 3 , 1,2,3 !!

María fumasa xa cantaba  na  canción da formiguiña o divertido que é xogar cos números porque descubrir o mundo amtemático a través do xogo e da manipulación  é fantástico para a aprendizaxe.







xoves, 15 de outubro de 2026

MAGOSTO E CARA ENFARRUXADAS

Tripulantes do UNIVERSO SERRA, onte fixemos a nosa primeira saída ao Monte Galiñeiro e alí vivimos unha superaventura cos nosos amigos e amigas do cole.

 

Xogamos con xogos de outono, comimos castañas e divertímonos moitísimo!

 Aquí vos deixamos unhas cantas imaxes para que vexades o ben que disfrutamos do NOSO MAGOSTO.

 Ola  tripulantes!!

Os amigochos e amigochas do 1º  ciclo de Primaria e  neste curso imos vivir aventuras interespeciais entre os superprimeiros  que forman 1º e os compas de 2º.

Coa chegada do outono saímos  todos xuntos a recoller folliñas de outono para facer un mural . Comprobamos as cores do outono, as diferentes texturas e como pouco a pouco   van mudando de aspecto.
 Despois da observación e do análise na asemblea subimos a realizar obradoiros e tranformar os espazos en outono.                                                                                                                     Queredes velo? aí vai a árbore de 1º ciclo




 Superprimeiro despegueeee!!

Ola  amigochos e amigochas, somos os compas de 1º de Ed. primaria e neste curso escolar temos a nosa clase no segundo andar do colexio porque...xa somos SUPERPRIMEIRO!!

De vez en cando , temos cartas misteriosas dun amigo paxaro espacial que nos deiza algunha que outra misión.E , sabedes porque unha ave espacial? Porque neste curso, o Ceip Serra Vincios vai mergullarse no Universo viaxando ata chegar á lúa co ARTEMIS II.

Apetécevos explorar con nós esta fantástica viaxe? 

Adiante, tripulantes!Poñede os cascos , encendede os motores da vosa nave ,e... 3, 2 , 1...DESPEGUEEE!




xoves, 18 de xuño de 2026

🕵🏼‍♀️ PROXECTOS DO CURSO 2025-26 DO 1º CICLO 🕵🏽‍♂️

Durante todo o curso, o alumnado do 1º ciclo estivo investigando sobre as diferentes tradicións da nosa contorna: cancións, persoaxes, lendas, lugares, festas, etc..  Fixemos unhas pescuda moi concienzuda en tódalas fontes que vos poidades imaxinar: xornais, radio, televisión, internet, familias, persoas expertas, no propio entorno, etc..

Para rematar por crear un marabilloso conto con monicreques sobre a importancia de conservar o noso legado (alumando de 1º):




E unha xincana sobre as festas máis importantes da parroquia e os seres mitolóxicos que viven e coidan o Monte Galiñeiro (alumando de 2º):






Foi espectacular, e o esforzo mereceu a pena! Parabéns compis!

🌳 SAÍDA FIN DE CURSO AO PARQUE FORESTAL DE SAIÁNS 🌲

Para festexar o fin de curso, primeiro ciclo decidiu botarse fóra do cole e nada mellor que poñerse á sombra de especies autóctonas e tradicionais da nosa contorna no Parque Forestal de Saiáns.

Un entorno marabilloso na mellor das compañías, case se nos olvida que ía moita colar! 🤭






domingo, 31 de maio de 2026

 📖 PARA APRENDER A LER TAMÉN HAI QUE SABER...

Este curso, puidemos participar en propostas moi variadas para facer fronte á lectura dun xeito máis divertido, variado e diverso. E para mostra, un botón!


FACER PESCUDAS E INVESTIGACIÓNS NO MEDIO AUDIOVISUAL:

COMpARTIR A MOCHILA VIAXEIRA:


GRAVARNOS POÑENDO VOZ ÁS NOSAS IMAXES:


FACER ENQUISAS:

 

FACER ENTREVISTAS:


CREAR HISTORIAS TOLAS:


APRENDER A RECITAR EN LINGUA DE SEÑAS ESPAÑOLA:


INVESTIGAR NO XORNAL:


PRACTICAR CÍRCULOS DE LECTURA SOBRE AS LENDAS DE GALICIA:



Practicamos o apadriñamento lector cos nos@s compis de ciclo: