mércores, 19 de maio de 2021

CONCERTO DE ELENA PAZ

Poñendo a guinda  á nosa celebración da Semana das Letras a  profe Elena  coa colaboración de Davide  González, nos agasallaron  cun estupendo concerto .


Fixeron gozar a todos, en especial  aos  nosos  pequenos por  lembrar non  seu repertorio temas cantados  nas  súas clases ,conseguindo que a  súa actuación tivera  uns coros entrañables. 

Graciñas Elena pola túa música nun día solleiro  !




venres, 14 de maio de 2021

FESTIVAL LETRAS

Hoxe celebramos o noso Festival das Letras  con moita ilusión de todos por poder estar xuntos , aínda non revoltos, actuando fenomenal  e presenciando en directo as estupendas  actuacións  dos nosos compañeiros .

Aqui tedes unhas fotiños da celebración e a montaxe de video de todas as actuacións e da entrega de premios dos concursos deste trimestre.




 E ... parabéns as gañadoras do noso ciclo ,polo merecido premio no concurso literario "Xoaniña" deste ano. 














martes, 4 de maio de 2021

HOMENAXEADA LETRAS GALEGAS


Clicade na imaxe superior👆 para entrar nos recursos interactivos propostos e coñecer máis sobre a vida e obra de Xela Arias.