Amosando publicacións coa etiqueta Curso 20/21. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 20/21. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de xuño de 2021

CHEGARON AS VACACIÓNS !


     Hoxe rematamos o 
curso  cunha  saída  ao monte  Galiñeiro, case  onde empezamos  ao principio  ,  cun curso por  encher e  cheos de  incertezas pero ...  grazas  ao  comportamento  exemplar dás familias e  do  noso alumnado que  asumiron todas  as  instrucións de  hixiene, uso de máscaras, distancia etc. conseguimos  manter a  presencialidade durante todo o curso.

      A  realidade parece que  é  outra  ,  nós rematamos igual que empezamos, en  burbullas pero  moi contentos por  chegar  xuntos ata ou final e  cheos de  plans para  facer  en vacacións .

Engadimos uns xogos e recursos por idades e temáticas para pasar un ratiño e ...

👉JUEGOS Y ACTIVIDADES ONLINE PARA 1º PRIMARIA


👉JUEGOS Y ACTIVIDADES ONLINE PARA 2º PRIMARIA


Que  disfrutedes tod@s  moito  deste merecido  tempo de  lecer !


ATA O 9 DE SETEMBRO  👋


xoves, 3 de xuño de 2021

SAÍDA VIGOZOO !

Hoxe os alumnos de 1º e 2º fixemos un percorrido polo zoo de Vigo.

   A visita guiada  non só foi unha explicación sobre as diferentes especies que habitan en Vigozoo, senón tamén que coñecemos porque están aquí a maioría dos animais, moitos deles víctimas de maltrato.

   Contáronnos as súas tristes vidas ,maltratadas con mil perrerías nos circos ou en cautividade por persoas sen conciencia que mutilaron a súa capacidade de vivir en liberdade e que se non recibirán os coidados do persoal do zoo non serían quen de sobrevivir .

   A nosa guía complementou a visita ensinándonos e explicándonos características de cornamentas de varios animais e ... ata puidemos tocar unha púa enorme dun porco espiño. 

    Pasóusemos a mañá voando !





mércores, 19 de maio de 2021

CONCERTO DE ELENA PAZ

Poñendo a guinda  á nosa celebración da Semana das Letras a  profe Elena  coa colaboración de Davide  González, nos agasallaron  cun estupendo concerto .


Fixeron gozar a todos, en especial  aos  nosos  pequenos por  lembrar non  seu repertorio temas cantados  nas  súas clases ,conseguindo que a  súa actuación tivera  uns coros entrañables. 

Graciñas Elena pola túa música nun día solleiro  !




venres, 14 de maio de 2021

FESTIVAL LETRAS

Hoxe celebramos o noso Festival das Letras  con moita ilusión de todos por poder estar xuntos , aínda non revoltos, actuando fenomenal  e presenciando en directo as estupendas  actuacións  dos nosos compañeiros .

Aqui tedes unhas fotiños da celebración e a montaxe de video de todas as actuacións e da entrega de premios dos concursos deste trimestre.




 E ... parabéns as gañadoras do noso ciclo ,polo merecido premio no concurso literario "Xoaniña" deste ano. 














venres, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Hoxe o Equipo da Biblioteca percorreu as aulas do cole  para contar o conto " FONCHITO Y LA LUNA " de Mario Vargas Llosa con motivo do DÍA DO LIBRO.

Tedes aquí un video deste precioso conto se clicades na portada do libro e  unhas fotiños coas máns na masa, conmemorando este día.







venres, 26 de marzo de 2021

CHEGOU A PASCUA !

  • Lembrar que ampliouse o prazo para entregar os traballos do "CONCURSO FOTOGRÁFICO " ata o 6 de abril.
  • Podedes ver as exposicións trimestrais no blogue da biblioteca.
   
E para este tempo de lecer ... moito aire libre e uns xoguiños para pasar un ratiño.




martes, 2 de marzo de 2021

CONCURSO FOTOGRÁFICO




















Os poemas de Rosalía presentados para escoller son  "ALBORADA" y "LOS ROBLES ".
Atoparédelos no 👉 blogue da biblioteca en formato de imaxe e de video .

IMPORTANTE :
Lembrar enviar as fotografías co título do poema escollido a maiores do nome e curso.

ANIMÁDEVOS !


venres, 12 de febreiro de 2021

DESFILE DE ENTROIDO

   Un curso máis chegou o Entroido e este ano… tivemos que celebralo dun xeito diferente.

   Grazas ao tempo e esforzó adicado polo Equipo directivo , o Equipo de “Tiroliro “  e os que sempre están, para botar unha mán nas datas sinaladas … os demais puidemos desfilar para ensinar os nosos disfraces, enchendo por un tempo o noso patio de música, baile e coloridos  disfraces.

   Aquí tedes unhas montaxes de fotos e video do breve pero fantástico  desfile do cole.





venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ

 O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

Sen dúbida o que tentamos fomentar todos os días... unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz que permita ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

Este curso como a situación de pandemia  invade todo … grazas ao cole por unhas horas case que logramos esquecer a crua realidade que temos ao redor,  inmersos  nas rutinas diarias dás aulas,  aínda así , os nosos pequenos nos fan saber canto  desexan volver a  ter   xuntanzas  cos  seus amigos e familiares .

O equipo dá biblioteca  contou este  contiño " Hasta que podamos abrazarnos ", con motivo desta data sinalada, cheo de  boas  propostas  para  facer  mentres  non  podamos  xuntarnos ou achuchar aos que  máis botamos de menos.




martes, 22 de decembro de 2020

PANXOLIÑAS DE NADAL !

   Aquí vos  deixamos  as  panxoliñas que con  moita ilusión prepararon os  nenos e meniñas  do  noso ciclo . 
  Tamén  podedes ver  na web  do cole  as  actuacións de todas  as " burbulliñas"  nas que nos  convertemos este curso e que copiando a felicitación  do cole ...  foron preparadas con  moito ánimo , agarimo e  sentidiño.





Engadimos uns xogos e actividades online de Nadal para pasar un ratiño.




BOAS FESTAS A TOD@S !

luns, 30 de novembro de 2020

MICRORRELATOS TERRORÍFICOS

Deixámosvos aquí a montaxe con todos os traballos presentados ao primeiro concurso de Librincios deste curso no que tamén se animaron a participar alumnos/as de 1º e 2º cuns fantásticos relatos terroríficos.

Esperando a complicada decisión do xurado para decidir os gañadores ...


venres, 20 de novembro de 2020

DIA DA INFANCIA

 Hoxe lembrando o " Día dos dereitos da Infancia"...



A profe Elena arrincounous máis dun sorriso con este video dos nosos nen@s.

" Unha das cousas máis afortunadas que nos poden suceder na vida e ter unha infancia feliz"

Parabéns aos nosos tesouros que tantas veces nos fan rir .


Se clicades👉 aquí ou entrades no blogue de música  poderedes ver e escoitar aos músicos do cole no seu "Concerto santa Cecilia " Uns artistazos !



luns, 9 de novembro de 2020

SAMAÍN NO COLE

 Así foi o Samaín do Serra este curso.


Déixovos  tamén o cartel coas bases do primeiro concurso de  Librincios deste curso.
                                                          Animarvos !



luns, 19 de outubro de 2020

MAGOSTO NO GALIÑEIRO

     Aquí deixámosvos algunhas fotos de todos os compañeiros do cole que subimos a celebrar o MAGOSTO este curso no Galiñeiro e que compartimos xuntos esta data   pero ... non revoltos, como non puido ser doutro xeito dadas as circunstancias nas que estamos inmersos.

  Por unhas horas case que esquecemos todo e puidemos disfrutar de moito xogo e aire libre nesta fermosa paixaxe da nosa contorna.




mércores, 16 de setembro de 2020

VOLVE O SERRA


Comezamos un novo curso escolar, cunha emocionada benvida a todos os que formades parte  do noso colexio despois de case seis meses coas portas pechadas por mor da pandemia.

Este curso cheo de incertezas vai ser moi especial e todos teremos que poñer da nosa parte para que o día a día resulte o mellor posible dentro das circunstancias que nos toca vivir. 

Calma e ánimo que aínda nos queda moito por compartir !

BENVIDOS A TOD@S !