mércores, 28 de outubro de 2026


Unha sesión musical bárbara



 Que sesión fantástica vivimos coa agrupación musical de Vincios onde puidemos ver como  as nosas compas de 2º xa tocan fantásticamente os instrumentos. Que marabilla!!

martes, 20 de outubro de 2026

                              Movendo o esqueleto

Ola amigochos e amigochas !!

Hoxe , durante a mañá fixemos unha chea de cousas!!

Pavi visitou a nosa clase e deixounos  unha carta e un  libro cofre onde apareceu a letra -m.

Así que puxémonos mans á obra e practicamos a -M con area, con letra de lija, con plastilina e fixemos dous traballos en papel sobre a letra -M. O mellor de todo e que xa sabemos LER!!

Así que para festexalo a profe na hora de ciencias naturais, onde coñecemos montonazo de nomes que fan referencia a partes do corpo , movimos o noso corpo coa canción de MIGALLAS .


Se queredes escoitala de novo para practicar as partes do corpo , aquí vai.



Acendede ben os altofalantes porque a música comeza en 

3, 2, 1....Despegue!!!



luns, 19 de outubro de 2026

 Unha mañá axetreada de números

Ola amigochos e amigochas ;

Hoxe tivemos unha mañá moi  numérica porque manipulamos números a través de: palillos , 



palillos, cubos multibase e con regletas. 





Tamén facemos grafía dos números; esta vez tocounos practicar  coa familia númerica do 10 que vai do 10 ao 19. 



 As nosas rutinas do luns 

Os luns pola mañá , cando chegamos a clase unha das rutinas que realizamos e contarlles aos nosos compas como vivimos a nosa fin e semana. Algo que nos gusta dicir é aquilo que nos resultou máis divertido. 

Despois desta actividade facemos outra como ser contadores de historias tirando un dado para descubrir que personaxe, en que lugar e cando sucede a historia que nos mesmos inventamos. Así interiorizamos os elementos da narración e coñecemos a estructura dunha historia: presentación , nó e desenlace.