martes, 20 de outubro de 2026

                              Movendo o esqueleto

Ola amigochos e amigochas !!

Hoxe , durante a mañá fixemos unha chea de cousas!!

Pavi visitou a nosa clase e deixounos  unha carta e un  libro cofre onde apareceu a letra -m.

Así que puxémonos mans á obra e practicamos a -M con area, con letra de lija, con plastilina e fixemos dous traballos en papel sobre a letra -M. O mellor de todo e que xa sabemos LER!!

Así que para festexalo a profe na hora de ciencias naturais, onde coñecemos montonazo de nomes que fan referencia a partes do corpo , movimos o noso corpo coa canción de MIGALLAS .


Se queredes escoitala de novo para practicar as partes do corpo , aquí vai.



Acendede ben os altofalantes porque a música comeza en 

3, 2, 1....Despegue!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario