domingo, 17 de maio de 2026

 🎉FESTEXAMOS AS LETRAS GALEGAS NO 1º CICLO 🎉

Seguindo na liña da investigación sobre as nosas tradicións e raíces culturais, que mellor que estas dúas propostas. 

Para abrir boca contamos coa actuación estelar do alumnado de 1º, que nos deleitou coa canción Catro cousas, de Caamaño&Ameixeiras con Rodrigo Cuevas, todo un pracer para os sentidos:

E para rematar, o alumnado de 2º non quixo romper coa tradición de cantar, signar e bailar unha canción, así que desta ocasión escolleu unha da Coral Cantares do Brion, chamada Un día

Non vos perdades a despedida, que foi ao estilo dun grupo da comarca ao que nunca se lle pode perder a pista: Dakidarría, da man da canción Sobran as palabras.



Ningún comentario:

Publicar un comentario