💫 TODO O BO... COMEZA E REMATA! 💫
Estes últimos días de clase tamén os pasamos de troula e en boa compañía!
O martes día 20 de xuño, aproveitando a chegada do verán, xuntámonos co alumando de 5 anos para participar na festa da auga! E aínda que o clima parecía que non estaba da nosa parte, ao final sobrounos a roupa!
Veña carreiras para levar transportar auga en esponxas...
Para despedirnos ata o vindeiro curso, fixemos a tradicional saída ao Monte Galiñeiro con todo o cole. Pero antes, para que non se diga, fomos ver os Petróglifos máis próximos: 2 petróglifos na zona de Bermús e a gran Pedra das Procesións! Mágoa non ter levado as tablets para buscara algún Pokemon.
Pronto nos volvemos xuntar cos compis e despois de repoñer forzas, andivemos inspeccionando a zona... ata vimos algún becho que outro! Unha xornada xenial!
Bo verán e ata o vindeiro curso, familias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario