luns, 5 de xuño de 2023

             ☀️ OBRADOIROS DE VERÁN ☀️ 

PARA REMATAR O CURSO NADA MELLOR QUE VOLVERNOS A XUNTAR PARA TRABALLAR UN TEMA QUE NOS PREOCUPA E NOS IMPORTA MOITO: A INCLUSIÓN

NESTA OCASIÓN NON SÓ ESTIVEMOS COS NOS@S COMPIS DE CICLO, TAMÉN CONVIDAMOS AO ALUMNANDO DE 5 ANOS, QUE NUN PAR DE MESES XA FORMARÁ PARTE DA ETAPA DE PRIMARIA. ASÍ QUE APROVEITAMOS PARA DARLLE UNHA BENVIDA MOI ACOLLEDORA.

COA PROFE ELENA PINTAMOS MADEIRAS PARA UN DIFUSOR DO SON, QUE PERMITA UNHA BOA ACÚSTICA DE TÓDOLAS VOCES.

NA COCIÑA, COA PROFE ANA, PRACTICAMOS RECEITAS SINXELAS, FRESCAS E SAS, QUE NOS MANTEÑAN EN PLENA FORMA. MENOS MAL QUE TIÑAMOS AS LEITUGAS BEN REGADIÑAS! QUE BOAS ESTABAN!

DA MAN DA PROFE SABELA, POR RECOMENDACIÓN DO MESMÍÑO  LIBRINCIOS, COÑECEMOS MOITOS TIPOS DE FAMILIAS, TODAS ELAS MOI FELICES. PUXÉMONOS MANS Á OBRA E CREAMOS O NOSO PROPIO LIBRO DE FAMILIAS! QUE GANAS DE VELO NA BIBLIOTECA!

E COA PROFE CRIS, POR PETICIÓN EXPRESA DA NASA, COÑECEMOS O CASO DUNHA PARELLA DE PINGÜÍNS MACHOS QUE TIVERON UN TANGO! E PARA CELEBRALO CREAMOS ARCOS DA VELLA QUE CLAMAN POLA LIBERDADE DE TÓDALAS PERSOAS QUE NON O PODEN FACER.

UNS TRABALLOS DOS QUE ESTAMOS MOI, MOI ORGULLOS@S!






Ningún comentario:

Publicar un comentario