🎄CHEGOU O NADAL... E A VISITA A GONDOMAR!🎄
🌧️ E se chove, deixa chovere! 🌧️
O pasado día 21 de decembro puidemos ir visitar a vila de Gondomar, onde fixemos un pequeno percorrido polos seus elementos naturais e os seus edificios máis destacables, da man da mestra Ana.
Comezamos polo parque da Coelleira e seguimos ata a unión do río Zamáns co río Miñor; algo desbordada, todo hai que dicilo!
Logo visitamos o casco urbano: a praza de abastos con gran variedade de mercadoría, a Casa da Cultura e Biblioteca Pública Municipal (onde nos deixaron merendar ao collido, MOITÍSIMAS GRAZAS), a praza do concello e a sede da Policía Local onde se atopa o seu espectacular Belén artesanal en movemento! Encantounos! Vaia cantidade de detalles e de imaxinación en tan pouco espazo! Noraboa e grazas pola atención.
E o mellor para o final, claro! Patinamos sobre xeo, con maior ou menor destreza... Pero sempre cun sorriso!
Aquí nos queda un pequeno vídeo de lembranzas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario