xoves, 1 de decembro de 2022

 CONTAMOS EN LINGUA DE SEÑAS ESPAÑOLA

O pasado martes 29 de novembro tivemos unha visita moi especial: Belén, a nai do noso compañeiro Sergio veu a contarnos un conto! Tratábase dun conto que coñecemos moi ben: CORRE, CORRE CABACIÑA, de Eva Mejuto e André Letria.

 

Como é ben sabido que nos gustan moito os contacontos, Belén preparóunolo en dúas linguas: a lingua galega e a lingua de señas española!! 
Aprendemos moitas señas de animais e puidemos praticalas no conto.






Para rematar, estívonos explicando o valiosa que é esta lingua e prometeu axudarnos a buscar un apodo para o alumnado que o quixese!
Vamos, que xa temos tarefa para o segundo trimestre!



Moitas grazas Belén polo agarimo co que nos contaches esta historia e por achegarnos unha realidade moi próxima que ás veces esquecemos.
 
 

E moitas grazas ao teu axudante, que o fixo fenomenal!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario