martes, 27 de decembro de 2022

 🎄CHEGOU O NADAL... E A VISITA A GONDOMAR!🎄

🌧️ E se chove, deixa chovere! 🌧️

O pasado día 21 de decembro puidemos ir visitar a vila de Gondomar, onde fixemos un pequeno percorrido polos seus elementos naturais e os seus edificios máis destacables, da man da mestra Ana. 

Comezamos polo parque da Coelleira e seguimos ata a unión do río Zamáns co río Miñor; algo desbordada, todo hai que dicilo! 

Logo visitamos o casco urbano: a praza de abastos con gran variedade de mercadoría, a Casa da Cultura e Biblioteca Pública Municipal (onde nos deixaron merendar ao collido, MOITÍSIMAS GRAZAS), a praza do concello e a sede da Policía Local onde se atopa o seu espectacular Belén artesanal en movemento! Encantounos! Vaia cantidade de detalles e de imaxinación en tan pouco espazo! Noraboa e grazas pola atención.

E o mellor para o final, claro! Patinamos sobre xeo, con maior ou menor destreza... Pero sempre cun sorriso!

Aquí nos queda un pequeno vídeo de lembranzas. 


Felices festas e un MARABILLOSO 2023!






xoves, 1 de decembro de 2022

 CONTAMOS EN LINGUA DE SEÑAS ESPAÑOLA

O pasado martes 29 de novembro tivemos unha visita moi especial: Belén, a nai do noso compañeiro Sergio veu a contarnos un conto! Tratábase dun conto que coñecemos moi ben: CORRE, CORRE CABACIÑA, de Eva Mejuto e André Letria.

 

Como é ben sabido que nos gustan moito os contacontos, Belén preparóunolo en dúas linguas: a lingua galega e a lingua de señas española!! 
Aprendemos moitas señas de animais e puidemos praticalas no conto.






Para rematar, estívonos explicando o valiosa que é esta lingua e prometeu axudarnos a buscar un apodo para o alumnado que o quixese!
Vamos, que xa temos tarefa para o segundo trimestre!



Moitas grazas Belén polo agarimo co que nos contaches esta historia e por achegarnos unha realidade moi próxima que ás veces esquecemos.
 
 

E moitas grazas ao teu axudante, que o fixo fenomenal!!

mércores, 30 de novembro de 2022

CONTAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO-25N


DENDE O ANO 2000, O DÍA 25 DE NOVEMBRO CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (NACIÓNS UNIDAS). O OBXECTIVO E VISIBILIZAR E LOITAR CONTRA A VIOLENCIA EXERCIDA CONTRA AS MULLERES DE TODO O MUNDO.

POR ISO, NÓS APROVEITAMOS AS ASEMBLEAS PARA FALAR SOBRE TODO AQUILO QUE NÓS PENSAMOS QUE SIGNIFICA. REVISAMOS AS NOSAS IDEAS E DECATÁMONOS DE QUE SE TRATA DE ALGO QUE NON SÓ OCORRE EN PAÍSES AFASTADOS. 

AÍNDA QUE NON ENTENDEMOS MOI BEN COMO É QUE AÍNDA SUCEDE, A PROFE BIBI ACHEGOUNOS A UN CONTO QUE NOS EXPLICA MOITOS DETALLES ANTE OS QUE TEMOS QUE ESTAR ALERTA. 
O CONTO CHÁMASE: SOY SOLO MÍA, DA AUTORA RAQUEL DÍAZ REGUERA


TRÁTASE DA HISTORIA DE RATONA, QUE VIVE CUN RATO QUE SE ESTÁ A CONVERTER POUCO A POUCO NALGO DIFERENTE AO QUE ELA IMAXINABA. 

AGRADECEMOS Á PROFE BIBI A SÚA DRAMATIZACIÓN E CARIÑO! ESTAMOS DESEXANDO VOLVER A COMPARTIR OUTRAS PROPOSTAS CONTIGO.

AQUI VOS DEIXAMOS UN PEQUENO BURATIÑO POLO QUE ALBISCAR A NOSA SÚPER EXPERIENCIA.




domingo, 27 de novembro de 2022

🎭 CONTACONTOS DE LUXO 🎭

O DÍA 22 DE NOVEMBRO, APROVEITANDO A CELEBRACIÓN DO DÍA DA MÚSICA, O ALUMNADO DE SEGUNDO DE EDUCACIÓN PRIMARIA AGASALLOUNOS CUN CONTO MOI BONITO:

A QUE SABE A LÚA? DO ESCRITOR E ILUSTRADOS MICHAEL GREJNIEC.

AMAIS DE PREPAR O CONTO, ELABORARON O MATERIAL PARA A ESCENIFICACIÓN E CONTÁRONNOS CADA UN DOS DETALLES GUIADOS POR UNHA NARRADORA EXCEPCIONAL: A MESTRA ANA!


















NIN PESTANEXAMOS! UNHA EXPERIENCIA PARA REPETIR. MOITAS GRAZAS!

.                                                       

domingo, 20 de novembro de 2022

A AVENTURA DE (NON) ABURRIRSE EN VIGO


ESTA SEMANA PUIDEMOS VOLVER A XUNTARNOS TODO O ALUMANDO DE 1º E 2º DE PRIMARIA PARA IR A VIGO. O MOTIVO NON FOI OUTRO QUE ASISTIR A UNHA REPRESENTACIÓN CON TÍTERES NO TEATRO DE AFUNDACIÓN, CHAMADA LA AVENTURA DE ABURRIRSE, CREADA E REPRESENTADA POLA COMPAÑÍA DE TEATRO L'ESTAQUIROT, TEATRE.


A OBRA CONTOUNOS A HISTORIA DE RITA, UNHA NENEA QUE, AÍNDA QUE TIÑA MOITOS XOGUETES, NON SABE XOGAR SOA E SEMPRE SE ESTÁ QUEIXANDO DE QUE SE ABURRE. SE QUEREDES VOLVER A VISITAR AS PERSONAXES DA OBRA, AS CANCIÓNS E MOITAS COUSAS MÁIS, PODEDES CONSULTAR A SÚA PÁXINA WEB NESTE LINK.

ESTIVEMOS MOI, MOI CONCENTRADOS EN TODO O QUE PASABA NO ESCENARIO PARA NON PERDER DETALLE. E LEVAMOS UNHAS CANTAS IDEAS PARA CASA.

AS NUBES XA COMEZABAN A DAR PASO AO SOL CANDO SAÍMOS Á RÚA, ASÍ QUE DESPOIS DE MERENDAR NA ALAMEDA DA PRAZA COMPOSTELA, DECIDIMOS COMEZAR A NOSA ANDAINA POLA CIDADE XA PREPARADA PARA O NADAL.
PUIDEMOS VISITAR OS SEUS LUGARES DISTINTIVOS, COMO A PORTA DO SOL, O EDIFICIO DA POLICÍA LOCAL, O CONCELLO NA PRAZA DO REI, OS RESTOS ARQUEOLÓXICOS DO CASTRO E A FORTALEZA NA SÚA CIMA.
FOI UN PASEO MOI COSTOSO, PERO MERECEU A PENA! AO FINAL TIVEMOS O NOSO MERECIDO DESCANSO, NO QUE CADA QUEN VIVIU A SÚA AVENTURA PARA NON ABURRIRSE.

AQUÍ VOS DEIXAMOS OUTRO BURATIÑO DENDE O QUE PODER VER PARTE DA NOSA MAÑÁ!




xoves, 3 de novembro de 2022

👻 👻 O SAMAÍN, XA O VIN! 👻 👻

AÍNDA QUE A PRIMEIRA TROULA SE FIXO DE ESPERAR... XA CHEGOU, XA A GOZAMOS E XA PASOU!

POR FIN TIVEMOS OCASIÓN DE XUNTARNOS TODO O ALUMNADO DE PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA PARA COMPARTIR VARIAS PROPOSTAS RELACIONADAS CO SAMAÍN. QUE PERIGO!

COA MESTRA ANA COCIÑAMOS UNS OVOS CON ARAÑAS. SABÍAN TAN BEN COMO MEDO DABAN. AQUÍ VOS QUEDA A RECEITA PARA QUE POIDADES DELEITAR A QUEN VÓS QUEIRADES!


TAMÉN PUIDEMOS CREAR MOSTROS AO NOSO ANTOLLO NA BIBLIOTECA, NUNCA TAL VIRAMOS! E INVENTAMOS UNHAS HISTORIAS QUE FIXERON TREMER Á MESTRA SABELA!

CO SUSTO AÍNDA NO CORPO, FABRICAMOS UNHAS ARAÑAS MOI TERRORÍFICAS E QUE ANDAN PENDURADAS POR TODO O CORREDOR. A MESTRA CRIS NON QUERE NIN ENTRAR NA CLASE!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN BURATIÑO POLO QUE MIRAR AS NOSAS FALCATRUADAS!


👻😈


mércores, 5 de outubro de 2022

COMEZAMOS...

 AQUÍIIII ESTAAAAMOS! 😉

Como non era sen tempo, damos por inaugurado este novo curso 2022-23! Un novo curso, que case ten aínda o envoltorio, pero xa promete! 

Comezamos coa incorporación a etapa de primaria dos nenos e nenas de PRIMEIRO, que traen moitas ganas de aprender e de pasalo ben! 

1º Educación Primaria


Por sorte, este curso, poderemos volvernos xuntar para compartir moitos momentos, desexos, aprendizaxes, inquedanzas... que ganas temos!

2º Educación Primaria


Iremos dando boa conta do que aconteza ao longo das próximas semanas! Que teñades un moi feliz curso!

martes, 14 de xuño de 2022

PERCORRIDO POR VINCIOS

      Hoxe os alumnos/as do 1º Ciclo fixeron un pequeno percorrido a pé polo barrio da Serra, na parroquia de Vincios, para recoñecer as edificacións e servicios máis reseñables cos que conta a nosa contorna.

      Tivemos a sorte de contar coa profe Ana que foi unha guía fantástica e  fíxonos moi amena a andaina coas súas explicacións.

         Unha clase a pé de rúa !

      Aplauso merecen tamén todos os nenos/as que a pesar da calor que vimos acumulando estes días, tiveron unha actitude excepcional. 👏👏👏





venres, 20 de maio de 2022

CONTOS POLA IGUALDADE

      Hoxe, tódolos nenos do cole, gozaron dun marabilloso contacontos de Bea Campos e Manuel Botana entorno a 3 contos:

     -  Rosa Caramelo

     -  Daniela Pirata

     - O libro dos porcos

     Foi unha xornada moi divertida nun entorno envidiable.

venres, 13 de maio de 2022

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2022

   Hoxe celebramos o Festival das Letras Galegas no colexio coas diferentes actuacións de todos os cursos, festival que organiza o equipo de Dinamización da Lingua Galega.

     A celebración rematou coa entrega de premios do "Concurso de poemas e relatos A Xoaniña" e este ano os gañadores do ciclo foron Iria  co poema "Primavera" e Daniel  co relato " O Cabaleiro". 

   Parabéns a todos os gañadores e participantes nas actuacións desta data tan sinalada.







venres, 22 de abril de 2022

OBRADOIRO PERCUSIÓN

        Esta semana levouse a cabo, dado o exito que tivo o curso pasado  , o obradoiro de percusión para todo ou cole "ECO-PERCUSIÓN" a cargo dos percusionistas Diego e Didier que  conseguíron entusiasmar  aos  nenos/as con esta  actividade e de paso  liberar a enerxía acumulada e non liberada de varios días de chuvia sen patio .

     Aquí deixámosvos unhas fotos , se clicades na imaxe, da actividade con algúns que outros futuros percusionistas .





venres, 18 de marzo de 2022

SAÍDA A NATURNOVA

 

Hoxe os alumnos/as do 1º Ciclo fixeron unha visita a Naturnova .

En grupos foron percorrendo as diferentes salas temáticas para obter información sobre a " Lúa e os planetas " e tamén entrar nun simulador submarino, que foi o exito da visita, para ver as especies que se atopan no fondo da ría de Vigo.

Como fixemos a visita por quendas , mentres un grupo estaba no espazo de Naturnova,  outro percorreu unha exposición fotográfica itinerante sobre o volcán da Palma.

Aquí deixámosvos unhas fotos da nosa saída.👇




venres, 25 de febreiro de 2022

FESTEXANDO O ENTROIDO

  Os  nenos e meniñas  do 1º Ciclo, como remate a semana  mergullados nos  mandadiños  do  Meco ,  puidemos desfilar mostrando os  nosos disfraces de Elefantes e Piratas  aos  nosos  compañeiros  do cole , enchendo entre todos o patio de música e  cores.

   Tedes  na web  do cole  as fotos e video dá  nosa celebración e aquí  algunhas  fotiños dos  nosos disfraces.👇





mércores, 23 de febreiro de 2022

luns, 31 de xaneiro de 2022

SOPIVINCIOS POLA PAZ

    Este ano celebramos o " Día da Paz " facendo tarefas nas aulas ao redor do libro " A mellor sopa do mundo ", aprendendo unha canción para cantar todos xuntos e cun mural que decoramos entre todos .







luns, 24 de xaneiro de 2022

SEMANA DA PAZ

     O 30 de xaneiro celébrase desde 1964 o Día Escolar da Non-violencia e a Paz . A data é unha homenaxe a  Mahatma  Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica, que foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948.

   O obxectivo deste día é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Así, os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

     Non  noso cole este ano conmemoramos esta data realizando esta semana  tarefas  ao redor   do   conto " A  MELLOR SOPA  DO MUNDO" . Partindo  dun  encontro fortuíto, propiciado polo mal tempo, esta historia  amosa que con  pouco pódese  facer  moito,  á vez que resalta o valor dás  pequenas  cousas e, sobre todo, dá  amizade.

      Nós por equipos traeremos os ingredientes para facer a nosa sopa e ilustrarémolos para elaborar un mural común " SOPIVINCIOS POLA PAZ" 



Na imaxe inferior tedes a canción do conto 👇



E ... seguimos cantando pola Paz , con esta fermosa canción " La guerrilla de la concordia" de Jorge Drexler.