Hoxe os alumnos/as do 1º Ciclo fixeron un pequeno percorrido a pé polo barrio da Serra, na parroquia de Vincios, para recoñecer as edificacións e servicios máis reseñables cos que conta a nosa contorna.
Tivemos a sorte de contar coa profe Ana que foi unha guía fantástica e fíxonos moi amena a andaina coas súas explicacións.
Unha clase a pé de rúa !
Aplauso merecen tamén todos os nenos/as que a pesar da calor que vimos acumulando estes días, tiveron unha actitude excepcional. 👏👏👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario