O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.
Sen dúbida o que tentamos fomentar todos os días... unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e
paz que permita ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias
que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e
comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.
Este curso como a situación de pandemia invade todo … grazas ao cole por unhas horas case que logramos esquecer a crua realidade que temos ao redor, inmersos nas rutinas diarias dás aulas, aínda así , os nosos pequenos nos fan saber canto desexan volver a ter
xuntanzas cos seus amigos e familiares .
O equipo dá biblioteca
contou este contiño " Hasta que podamos abrazarnos ", con motivo desta data sinalada, cheo de
boas propostas para
facer mentres non
podamos xuntarnos ou achuchar aos que
máis botamos de menos.
Comentarios
Publicar un comentario