domingo, 2 de xuño de 2024

🏝️ SAÍDA Á ILLA DE SAN SIMÓN 🏝️ 

O pasado mércores 29 de maio o alumnado de 1º ciclo fixo unha saída moi especial, a nosa saída de final de curso. E destea volta escollemos un lugar ben curioso: a Illa de San Simón. Montamos en bus, en barco e a pé. Non deixamos recuncho por visitar nin dúbida sen resolver. 

Aquí deixamos algunhas fotiños para lembrar este día tan especial.



martes, 21 de maio de 2024

🪇🪈 OBRADOIRO DE XOGUETES SONOROS 🪈🪇

O día 21 de maio, despois dunhas merecidas minivacacións, tivemos unha súper visita no centro: un artesán dos materiais naturais que nos enseñou a fabricar os nosos propios instrumentos.


Primeiro ensinounos unha gran variedade de elementos naturais, de custe cero, que nos rodean e podemos empregar: paos, canas, carozos, papel, etc. E moitas ferramentas que algúns coñecían moi ben!







Tamén nos deu exemplos do que podiamos fabricar: Curuxas, Xistros, Reque-reques, etc.



E non tardamos nadiña en poñernos mans a obra! Pista libre á creatividade e ao bo facer!









Para rematar, demos un concerto moi natural.



venres, 19 de abril de 2024

🌍SAÍDA A NATURNOVA E VISITA Á ILLA DE TORALLA🏝️

O día 17 de abril fomos pasar a mañá a Vigo para poder visitar a exposición de Naturnova e mergullarnos nun mundo de descubertas onde aprendemos a diferenciar entre animais e plantas. Tamén puidemos achegarnos ós diferentes ecosistemas nos que viven e descubriremos por que algúns animais tiveron a oportunidade de viaxar ao espazo.

Á hora da merenda achegámonos ata un lugar máxico: a praia de O Vao e a Illa de Toralla, onde puidemos ver restos dunha Vila Romana, pero tamén un claro exemplo do impacto do ser humano na natureza.

Aquí vos deixamos unhas fotiños de recordo:




xoves, 11 de abril de 2024

 🚰 PREVENCIÓN SOBRE AS INUNDACIÓNS POR DESBORDAMENTOS🚰

O pasado mércores día 10 de abril veu a vernos unha investigadora de Augas de Galicia: Iria. Unha experta no análise e medición dos nosos ríos. 



Explicóunos como se comporta a auga, como cambia de estado e forma segundo as temperaturas e como se producen os debordamentos, como os que vivimos en Gondomar vai algo máis dun ano. 

Tamén nos explicou como previr estes fenómenos e unha vez máis a solución está na natureza.

Para rematar a sesión fíxonos unha proba sorpresa, e pasámola con creces! 


MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR A TÚA INVESTIGACIÓN CON NÓS!