venres, 19 de abril de 2024

🌍SAÍDA A NATURNOVA E VISITA Á ILLA DE TORALLA🏝️

O día 17 de abril fomos a pasar a mañá a Vigo para poder visitar a exposición de Naturnova e mergullarnos nun mundo de descubertas onde aprendemos a diferenciar entre animais e plantas. Tamén puidemos achegarnos ós diferentes ecosistemas nos que viven e descubriremos por que algúns animais tiveron a oportunidade de viaxar ao espazo.

Á hora da merenda achegámonos ata un lugar máxico: a praia de O Vao e a Illa de Toralla, onde puidemos ver restos dunha Vila Romana, pero tamén un claro exemplo do impacto do ser humano na natureza.

Aquí vos deixamos unhas fotiños de recordo:




Ningún comentario:

Publicar un comentario