BLOGUES COMPAÑEIROS
domingo, 20 de novembro de 2022
xoves, 3 de novembro de 2022
👻 👻 O SAMAÍN, XA O VIN! 👻 👻
AÍNDA QUE A PRIMEIRA TROULA SE FIXO DE ESPERAR... XA CHEGOU, XA A GOZAMOS E XA PASOU!
POR FIN TIVEMOS OCASIÓN DE XUNTARNOS TODO O ALUMNADO DE PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA PARA COMPARTIR VARIAS PROPOSTAS RELACIONADAS CO SAMAÍN. QUE PERIGO!
COA MESTRA ANA COCIÑAMOS UNS OVOS CON ARAÑAS. SABÍAN TAN BEN COMO MEDO DABAN. AQUÍ VOS QUEDA A RECEITA PARA QUE POIDADES DELEITAR A QUEN VÓS QUEIRADES!
TAMÉN PUIDEMOS CREAR MOSTROS AO NOSO ANTOLLO NA BIBLIOTECA, NUNCA TAL VIRAMOS! E INVENTAMOS UNHAS HISTORIAS QUE FIXERON TREMER Á MESTRA SABELA!
CO SUSTO AÍNDA NO CORPO, FABRICAMOS UNHAS ARAÑAS MOI TERRORÍFICAS E QUE ANDAN PENDURADAS POR TODO O CORREDOR. A MESTRA CRIS NON QUERE NIN ENTRAR NA CLASE!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN BURATIÑO POLO QUE MIRAR AS NOSAS FALCATRUADAS!
mércores, 5 de outubro de 2022
COMEZAMOS...
AQUÍIIII ESTAAAAMOS! 😉
Como non era sen tempo, damos por inaugurado este novo curso 2022-23! Un novo curso, que case ten aínda o envoltorio, pero xa promete!
Comezamos coa incorporación a etapa de primaria dos nenos e nenas de PRIMEIRO, que traen moitas ganas de aprender e de pasalo ben!
1º Educación Primaria
martes, 14 de xuño de 2022
PERCORRIDO POR VINCIOS
Hoxe os alumnos/as do 1º Ciclo fixeron un pequeno percorrido a pé polo barrio da Serra, na parroquia de Vincios, para recoñecer as edificacións e servicios máis reseñables cos que conta a nosa contorna.
Tivemos a sorte de contar coa profe Ana que foi unha guía fantástica e fíxonos moi amena a andaina coas súas explicacións.
Unha clase a pé de rúa !
Aplauso merecen tamén todos os nenos/as que a pesar da calor que vimos acumulando estes días, tiveron unha actitude excepcional. 👏👏👏


