🕊️CONTACONTOS POLA PAZ E A NON VIOLENCIA🕊️
O pasado día 29 de xaneiro, dentro das propostas previstas polo día da paz, puidemos compartir un contacontos na biblioteca organizado pola profe Noe e a profe Montse sobre un conto titulado: A sombra dos anacardios.
Grazas a ese marabilloso conto puidemos coñecer como viven e pensan outras nenas e nenos de diferentes lugares do mundo. Pero tamén nos deu para pensar nos recunchos nos que nós atopamos a PAZ, axudados pola enerxía dos anacardos.
Moitas grazas por darnos tanto no que pensar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario