☃️ VISITA DE NADAL A GONDOMAR ☃️
Para rematar o trimestre puidemos pasar unha mañá xunt@s na vila de Gondomar, coñecendo e recoñecendo recunchos do noso concello.
Así de ben o pasamos:
bo nadal, familias!
🎄 OBRADOIROS DE NADAL 🎄
Este curso quixemos adiantarnos ao Nadal cuns obradoiros moi divertidos e festeiros. Durante 2 semanas puidemos participar tódolos nenos e nenas de primeiro ciclo nun obradoiro audiovisual coa mestra Elena, crear unha manualiade coa mestra Ana, cociñas unhas deliciosas galletas coa mestra Lucía ou prantar no invernadoiro vexetais típicos desta época.
Aquí vos deixamos un pequeno buratiño dende o que mirar como o pasamos! Somos moi artistas!
👋🏾👋🏾 XA ESTAMOS AQUÍ! 👋🏾👋🏾
Van xa, 2 semaniñas dende que nos volvemos xuntar, ver, dende que nos coñecemos e nos recoñecernos. 🧐
Van 2 semaniñas dende que recibimos na etapa de primaria un novo grupo de compañeiros e compañeiras con moita enerxía e moitas ganas! 🥰 Xa nos tarda xuntarnos para troulear, aprender e rir!
Benvid@s nenos e nenas de 1º de Educación Primaria.
Aproveitamos a ocasión para mandar un cariño moi grande a nosa compi Vera de 1º, que estes días non vai estar no cole! Agardámoste cos brazos abertos! 🤗
Tamén se quixeron asomar a saudarvos os nenos e as nenas máis veteranas do primeiro ciclo de primaria: o alumnado de 2º de Educación Primaria.
Que cariñas de expert@s teñen!! 😉
Desexámosvos un moi feliz curso!
💫 TODO O BO... COMEZA E REMATA! 💫
Estes últimos días de clase tamén os pasamos de troula e en boa compañía!
O martes día 20 de xuño, aproveitando a chegada do verán, xuntámonos co alumando de 5 anos para participar na festa da auga! E aínda que o clima parecía que non estaba da nosa parte, ao final sobrounos a roupa!
Veña carreiras para levar transportar auga en esponxas...
☀️ OBRADOIROS DE VERÁN ☀️
PARA REMATAR O CURSO NADA MELLOR QUE VOLVERNOS A XUNTAR PARA TRABALLAR UN TEMA QUE NOS PREOCUPA E NOS IMPORTA MOITO: A INCLUSIÓN.
NESTA OCASIÓN NON SÓ ESTIVEMOS COS NOS@S COMPIS DE CICLO, TAMÉN CONVIDAMOS AO ALUMNANDO DE 5 ANOS, QUE NUN PAR DE MESES XA FORMARÁ PARTE DA ETAPA DE PRIMARIA. ASÍ QUE APROVEITAMOS PARA DARLLE UNHA BENVIDA MOI ACOLLEDORA.
COA PROFE ELENA PINTAMOS MADEIRAS PARA UN DIFUSOR DO SON, QUE PERMITA UNHA BOA ACÚSTICA DE TÓDOLAS VOCES.
NA COCIÑA, COA PROFE ANA, PRACTICAMOS RECEITAS SINXELAS, FRESCAS E SAS, QUE NOS MANTEÑAN EN PLENA FORMA. MENOS MAL QUE TIÑAMOS AS LEITUGAS BEN REGADIÑAS! QUE BOAS ESTABAN!
DA MAN DA PROFE SABELA, POR RECOMENDACIÓN DO MESMÍÑO LIBRINCIOS, COÑECEMOS MOITOS TIPOS DE FAMILIAS, TODAS ELAS MOI FELICES. PUXÉMONOS MANS Á OBRA E CREAMOS O NOSO PROPIO LIBRO DE FAMILIAS! QUE GANAS DE VELO NA BIBLIOTECA!
E COA PROFE CRIS, POR PETICIÓN EXPRESA DA NASA, COÑECEMOS O CASO DUNHA PARELLA DE PINGÜÍNS MACHOS QUE TIVERON UN TANGO! E PARA CELEBRALO CREAMOS ARCOS DA VELLA QUE CLAMAN POLA LIBERDADE DE TÓDALAS PERSOAS QUE NON O PODEN FACER.
UNS TRABALLOS DOS QUE ESTAMOS MOI, MOI ORGULLOS@S!
⛰️ SAÍDA POLA PARROQUIA DE VINCIOS ⛰️
O PASADO DÍA 31 DE MAIO DECICIMOS APROVEITAR PARA FACER UNHA TAREFA PENDENTE: VISITAR A NOSA VECIÑANZA. MOITOS E MOITAS DE NÓS XA LEVAMOS 5 ANOS NO COLE, PERO AÍNDA HAI RECUNCHOS QUE NON COÑECEMOS. ASÍ QUE DA MAN DA NOSA PERSOA EXPERTA DE CONFIANZA, FOMOS FACENDO CAMIÑO.
DENDE AS BEIRAS DO RÍO ZAMÁNS EN GUISANDE, ATA O PIÑEIRO NON DEIXAMOS PEDRA NO SEU SITIO.
😎SAÍDA A VIGO 😎
O pasado martes 18 de abril, aproveitando estes días solleiros que nos está a regalar á primavera, o alumnado de 1º ciclo viaxou ata Vigo para visitar o Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación, este ano adicado aos misterios do sol.
O persoal do centro acompañounos na exploración de 3 talleres para resolver o desafío proposto pola mascota Pintafontes, e poder lograr tódalas pezas dun quebracabezas sobre o sol.
Pasamos por un subamrino no que investigamos sobre as especies acuáticas das nosas rías e puidemos coñecer o funcionamento do noso sistema solar, por unha sala adiacada as enerxías renovables entre elas o sol. E finalmente experimentamos sobre a composición e funcionamento do noso planeta.
Para rematar fomos merendar ao parque de Castrelos, onde puidemos gozar de toda a súa fauna e a súa flora, e por suposto do seu parque infantil!
Aquí vos deixamos unha pequena montaxe dos nosos mellores momentos.
🌿 OBRADOIROS DE PRIMAVERA 🌿
ESTE TRIMESTRE VOLVÉMONOS A XUNTAR TODO O ALUMNADO DE PRIMEIRO CICLO PARA EXPERIMENTAR DIFERNTES PROPOSTAS; DESTA VOLTA RELACIONADAS CO NOVA ESTACIÓN QUE ACABAMOS DE INAUGURAR: A PRIMAVERA.
COA PROFE ELENA DESCUBRIMOS O MUNDO DOS PODCAST E FIXEMOS OS NOSOS PRIMEIROS PINITOS COMO PRESENTADORES E PRESENTADORAS. PODEDES ESCOITAR AS NOSAS CRACIÓNS NO CANAL DE YOUTUBE DE LIBRINCIOS.
DA MAN DA PROFE SABELA PARTICIPAMOS NUNHA XINCANA PARA DESCUBRIR OS RECUNCHOS MENOS COÑECIDOS DA BIBLIOTECA E COÑECER UN CONTO MOI BONITO SOBRE O IMPORTANTE QUE É SABER AGARDAR CON PACIENCIA.
A PROFE ANA AXUDOUNOS A COÑECER E A CREAR UNHA FLOR CON MATERIAL QUE TEMOS NA CASA.
E COA PROFE CRIS PUIDEMOS DARLLE USO AO INVERNADOIRO E PRANTAR UNHAS LEITUGAS QUE AGARDAMOS RECOLLER EN BREVE!
AQUÍ QUEDAN ALGUNHAS INSTANTÁNEAS DESES MOMENTOS TAN DIVERTIDOS E QUE TANTO NOS GUSTA COMPARTIR.
🏀 🏀 VISITA DO CELTA BALONCESTO FEMININO 🏀 🏀
O pasado día 30 do mes de marzo viñeron a visitarnos as xogadoras do Celta de Baloncesto Feminino. Coñecemos a Sara Vidal, Alejandra Sánchez, Marina Gea, Alja Selimovic e a entrenadora Silvia Calviño; todas elas acompañadas pola nosa profe Sabela, tamén entrenadora no Celta de Baloncesto Feminino.
Para rematar sortearon equipacións do seu clube!
Moitas grazas por vir a visitarnos e compartir con nós un pouquechiño da vosa experiencia. E moitas grazas a nosa profe Sabela por invitarnos a coñecer un poquechiño máis este deporte tan divertido.
✈️ 🚜 CONTACONTOS VIAXEIRO 🚠 🚃
O pasado día martes de 16 de marzo, a profe María regalounos un contacontos adicado a tódalas avoas do mundo: Una abuela por el mundo, da autora Lucía Mojón.
Puidemos escoitar e ver cantas viaxes divertidas e curiosas facía a avoa Carmela! Puidemos comprobar os seus destinos nun mapa.. e temos que dicir que se moveu máis que unha buxaina.
Moitas grazas profe María.