venres, 13 de setembro de 2024

👋🏾 ARRANCAMOS OS MOTORES DO 1º CICLO 👋🏾

Esta semana inauguramos un novo curso, con nov@s compis e nov@s aventuras. E como temos moitas ganas de pasalo ben e troulear, non tardamos nadiña en xuntar os dous cursos. 

Así foi como demos a benvida aos nenos e nenas de 1º EP que xa están como en casa. Queremos aproveitar para mandarlle un saúdo a nosa compañeira Alba que aínda non puido incorporarse pero á que temos moitísimas ganas de ver.

Tamén puidemos comprobar o maiores que están as nenas e os nenos máis maiores do ciclo: o alumnado de 2º EP. 


BO INICIO DE CURSO PARA TOD@S!

mércores, 26 de xuño de 2024

🏖️ SAÍDA FINAL DE CURSO: BAIONA ALÁ IMOS! 🏖️


Este ano, para rematar este curso fomos a Baiona, con tódolos nosos compañeiros e compañeiras do cole: grandes medianos e pequenos. Amais de fedellar na praia e mollar un chisco os pés, tamén merendoleamos en gran compañía e probamos tódolos xogos do parque. 

Unha despedida do curso por todo o alto.



venres, 14 de xuño de 2024

🏘️ SAÍDA POLA PARROQUIA DE VINCIOS 🏘️

O pasado 11 de xuño o alumnado de 1º ciclo quixo darlle a benvida ao futuro alumnado de 1º de EP: os nenos e as nenas de 6º de educación infantil. E nada mellor que comezar cuns xogos ao aire libre nos que presentarnos e divertirnos.










Houbo de todo, apertas, carreiras, búsquedas... e moitas, moitas risas. Unha vez emperallados e emparelladas da man de Librincios...






Comezamos a nosa andaina pola beira do río Zamáns para depositar o lixo no lugar que lle corresponde: os colectores de lixo.


 





E despois de tanto traballiño, so podiamos pensar na merenda... e na troula!





De volta no cole aproveitamos para limpar o noso patio e explorar novos xogos en compañía.

Fixádevos ben, canto lixo recollemos: 7 quilos!

                      




Foi unha xornada inesquecible! Volvede cando queirades compis!

venres, 7 de xuño de 2024

🐝 CANTO MÁIS DOCE É A MEL, MÁIS ANDAN AS ABELLAS NEL 🐝 

O pasado xoves 6 de xuño tivemos unha visita moi especial, o papá e a mamá de Anxo e Diego viñeron a vernos ao cole. Diana e Bruno trouxeron con eles unhas amiguiñas moi interesantes: unha morea de abellas!!!

Con moito agarimo e paciencia fóronnos amosando como nacían e vivían estos bechos. Ata puidemos ver unha delas en pleno nacemento. 

Coñecemos a abella raíña e aos seus zánganos. E vimos o moito que traballan as abellas obreiras.




Tamén nos contaron en que consiste o seu traballo e nos amosaron as ferramentas que empregan para poder levalo a cabo.


 




E finalmente vimos unha mostra do froito do seu traballo! 


Moitas grazas por agasallarnos co voso tempo e co voso saber facer.