Os nenos e meniñas do 1º Ciclo, como remate a semana mergullados nos mandadiños do Meco , puidemos desfilar mostrando os nosos disfraces de Elefantes e Piratas aos nosos compañeiros do cole , enchendo entre todos o patio de música e cores.
Tedes na web do cole as fotos e video dá nosa celebración e aquí algunhas fotiños dos nosos disfraces.👇
Este ano celebramos o " Día da Paz "facendo tarefas nas aulas ao redor do libro " A mellor sopa do mundo ", aprendendo unha canción para cantar todos xuntose cun mural que decoramos entre todos .
O 30 de xaneiro celébrase desde 1964 o Día Escolar da Non-violencia e a Paz . A data é unha homenaxe a Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica, que foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948.
O obxectivo deste día é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Así, os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Non noso cole este ano conmemoramos esta data realizando esta semana tarefas ao redor do conto " A MELLOR SOPA DO MUNDO". Partindo dun encontro fortuíto, propiciado polo mal tempo, esta historia amosa que con pouco pódese facer moito, á vez que resalta o valor dás pequenas cousas e, sobre todo, dá amizade.
Nós por equipos traeremos os ingredientes para facer a nosa sopa e ilustrarémolos para elaborar un mural común " SOPIVINCIOS POLA PAZ"
Na imaxe inferior tedes a canción do conto 👇
E ... seguimos cantando pola Paz , con esta fermosa canción " La guerrilla de la concordia" de Jorge Drexler.