luns, 20 de decembro de 2021

SESIÓN DE PINCHADISCOS

       Despedimos o trimestre cunha sesión de pinchadiscos a cargo de MariFaltri  que grazas a ANPA fixo sonar temas da música infantil galega para que remataramos o trimestre bailando.
Ao termino da sesión entregouselle ao alumnado o agasallo dun libro .

O que nos teña que pillar que nos pille  bailando !


Na web do cole tedes un video da sesión con todo o alumnado.





luns, 8 de novembro de 2021

O NOSO MAGOSTO


    Un curso máis celebramos o noso magosto no monte Galiñeiro.

    Ata que chegou o momento de saborear as castañas que asaron os afumados profes durante toda a mañá,  enchémolo tempo con xogos , camas de follas e lidando entre as rochas.

   Sorte tivemos de disfrutar ao aire libre desta celebración cun solleiro día de outono.




venres, 29 de outubro de 2021

CHEGOU O SAMAIN

    Por fin  despois de estar toda a semana  atarefados entre  contos , receitas, esqueletos,  cancións, cestas e  cabazas  chegou a posta en escea no cole  do  noso Samaín.

    Nos  blogues de aula e  do cole  engadiranse  algunhas  montaxes  deste día e  mentres un aperitivo  do  medo tremendo que pasamos con estes  rapaciñ@s tan  ben disfrazados que daba  medo velos.





Lembrade o concurso de "FOTOS TENEBROSAS" convocado por 👉 Librincios  no que podedes participar ata o día 19 de novembro enviando as vosas fotos.

Xogos relacionados con estas datas para pasar un ratiño. Preme na imaxe e escolle un xogo.👇




luns, 25 de outubro de 2021

INDO PARA O SAMAÍN

 -Samaín, genially con actividades sobre o texto "O noso Samaín", de Loretta Birott, para o alumnado de Ed. Primaria elaborado por diferentes centros de ensino galegos para a celebración do Samaín e do magosto.