BLOGUES COMPAÑEIROS
domingo, 5 de outubro de 2025
sábado, 21 de xuño de 2025
🎉 ÚLTIMA SEMANA, A FESTA POR DÍA! 🎉
Como non sabemos rematar o curso doutro xeito, este ano nin ía ser diferente. Esta última semana non tivemos parada, e para mostra un botón.
PETER PUNK
GOLFIÑOS COA NOSA BENQUERIDA PROFE ELENA
martes, 10 de xuño de 2025
💦FESTA DA AUGA💦
Por fin puidemos poñer as nosas ideas a remollo na FESTA DA AUGA! Todo o alumnado de Educación Infantil e de 1º a 4º sacamos as nosas mellores galas praieiras e puxémonos a remollo.
Gozamos de cada un dos 6 xogos:
Pesca na piscina
Xogos de Equilibrio
Mural colorido
Carreira de Esponxa
A corda que pinga
Burbullas ao aire
Pasamos un día chulísimo! Que ganas de repetir!
xoves, 5 de xuño de 2025
💚 🌳 SAÍDA FINAL DE CURSO 2024-25: CORAZÓN DE CARBALLO 🌳 💚
O pasado día 5 de xuño fixemos a nosa saída final de curso, e que mellor, que no día do MEDIOAMBIENTE, pasalo nunha experiencia inmersiva na natureza, rodead@s de animais, prantas e demais seres vivos autóctonos! Aquí podedes ollar un chisquiño de todo o que vivimos.
mércores, 4 de xuño de 2025
🫂 ACOLLIDA AS NOSOS FUTUROS COMPIS DE CICLO 🫂
O pasado martes día 3, coincidindo coa semana do medio ambiente e co final de curso, o alumnado de 1º ciclo xuntouse co alumnado de 5 anos para xogar, rir, bailar, cantar e soñar xuntos e xuntas. Foi a nosa forma de darlle a benvida a uns cativos e cativas que están a punto de dar o salto de etapa.
E ollo que isto promete...
domingo, 1 de xuño de 2025
📻TRANSMITIMOS POLA RADIO🎤
Para pechar o mes de maio, as persoas vencedoras do certame da xoaniña transmitiron as súas historias pola radio escolar. E como non podía ser doutro xeito, ao alumnado de 1º e 2º tocounos tamén facer a visita. Así que puxémonos mans a obra, e despois de moito ensaiar achegámonos ao micros e narramos as nosas creacións, diante dun público moi esixente: o alumnado de todo o centro.
Foi xenial a experiencia, ata escoitamos os aplausos dende a peceira! Unha marabilla!
mércores, 14 de maio de 2025
🎣 VISITA Á LONXA DE CESANTES 🦑
O pasao 28 de abril, mentres medio país estaba co corazón nun puño polo apagón, nos puidemos gozar dunha saída moi interesante á Cesantes: recoñecemos animais da nosa contorna, coñecemos artes de pesaca variadas e ata probamos o duro que é o marisqueo. Pero como todo esforzo ten a súa recompensa, puidemos probar tamén algunhas tapiñas froito do noso suor! Unha mañá moi completa.
sábado, 12 de abril de 2025
luns, 7 de abril de 2025
⚓️ VISITA AO MUSEO DO MAR DE VIGO ⚓️
O día 3 de abril visitamos o Museo do Mar de Vigo, e aínda que a mañá comezou pasada por auga, tamén soubemos aproveitar as raiolas de sol que bañaron a contorna.
Investigamos sobre a Prehistoria e o seu modo de vida e tamén sobre os pobos Castrexos, buscamos peixes e demais fauna mariña. Ata tivemos tempo de xogar cunhas vistas incomparables.
mércores, 2 de abril de 2025
martes, 25 de marzo de 2025
♟️♟️ COMEZANDO CO XADREZ...
O pasado día 25 de marzo contamos coa visita dun mestre do clube de xadrez: Roberto Carlos.
Explicounos moitas cousas interesantes: como se inventou o xadrez, os utensilios que nos fan falta para xogar ao xadrez, etc. Pero tamén que é o deporte da mente!
GRAZAS POLO TEU TEMPO!
luns, 3 de febreiro de 2025
🕊️CONTACONTOS POLA PAZ E A NON VIOLENCIA🕊️
O pasado día 29 de xaneiro, dentro das propostas previstas polo día da paz, puidemos compartir un contacontos na biblioteca organizado pola profe Noe e a profe Montse sobre un conto titulado: A sombra dos anacardios.
Moitas grazas por darnos tanto no que pensar.