venres, 19 de abril de 2024

🌍SAÍDA A NATURNOVA E VISITA Á ILLA DE TORALLA🏝️

O día 17 de abril fomos pasar a mañá a Vigo para poder visitar a exposición de Naturnova e mergullarnos nun mundo de descubertas onde aprendemos a diferenciar entre animais e plantas. Tamén puidemos achegarnos ós diferentes ecosistemas nos que viven e descubriremos por que algúns animais tiveron a oportunidade de viaxar ao espazo.

Á hora da merenda achegámonos ata un lugar máxico: a praia de O Vao e a Illa de Toralla, onde puidemos ver restos dunha Vila Romana, pero tamén un claro exemplo do impacto do ser humano na natureza.

Aquí vos deixamos unhas fotiños de recordo:




xoves, 11 de abril de 2024

 🚰 PREVENCIÓN SOBRE AS INUNDACIÓNS POR DESBORDAMENTOS🚰

O pasado mércores día 10 de abril veu a vernos unha investigadora de Augas de Galicia: Iria. Unha experta no análise e medición dos nosos ríos. 



Explicóunos como se comporta a auga, como cambia de estado e forma segundo as temperaturas e como se producen os debordamentos, como os que vivimos en Gondomar vai algo máis dun ano. 

Tamén nos explicou como previr estes fenómenos e unha vez máis a solución está na natureza.

Para rematar a sesión fíxonos unha proba sorpresa, e pasámola con creces! 


MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR A TÚA INVESTIGACIÓN CON NÓS!