domingo, 25 de xaneiro de 2026

🚌 SAÍDA Á VIGO: A galiña azul 🚌

O día 21 de xaneiro, tivemos a gran sorte de poder ver unha obra de teatro baseada na obra dun dos grandes autores galegos: A galiña azul. Unha peza que nos fixo empatizar e reflexionar coas persoas que temos por diferentes á nosa cultura e coas que convivimos no noso día a día.





Como non podía ser doutro xeito, entre treboada e treboada, aproveitamos para pasear pola cidade de Vigo. Aproveitamos para visitar o mercado do progreso onde as súas persoas traballadoras nos explicaron o seu día a día e quefaceres. 

Diante de tanta comida aproveitamos para merendar.

E como non podía ser doutro xeito, fomos a visitar o concello, no que se levan a cabo moitas activiades, pero tamén acolle ao alcalde da cidade. 

 

  

Como a choiva non deu tregua, demos por finalizada a nosa visita antes do previsto pero pensando xa na seguinte saída!