sábado, 20 de decembro de 2025

🎄 NADAL EN GONDOMAR 🎄

Como xa vén sendo tradición, este ano non podía faltar a nosa visita á Gondomar por Nadal. Aínda que foi algo pasada por auga, non deixamos paso sen dar e agradecémoslle moito á nosa persoa experta de cabeceira do concello: á profe Ana Iglesias, que sempre atopa un ratiño para virnos a ver. Así dá gusto! 


Bo Nadal, familias!


🚸 20N_Día Internacional dos Derechos da Infancia 🚸

Este curso, aínda que o que máis nos vai son as lendas e os contos, non queremos deixar de prestar atención á realidade que nos rodea, especialmente á das persoas máis próximas á nós: os nenos e nenas.

Este ano, estamos con tódolos nenos e nenas que se ven obrigados a migrar por razóns climáticas, económicas, laborais, sociais, de identidade, relixión, crenza ou pensamento e tamén aquelas que son víctimas de xenocidios. 

Así que para conmemoralo puxémonos mans a obra elaboramos unhas chapas coas que reivindicar o respecto e a igualdade para toda a infancia.