sábado, 21 de xuño de 2025

🎉 ÚLTIMA SEMANA, A FESTA POR DÍA! 🎉

Como non sabemos rematar o curso doutro xeito,  este ano nin ía ser diferente. Esta última semana non tivemos parada, e para mostra un botón.

PETER PUNK





GOLFIÑOS COA NOSA BENQUERIDA PROFE ELENA


A NOSA COMPI MARTA GANA O PREMIO Á PERSOA LECTORA DE PRIMARIA


GRADUACIÓN DOS NOSOS COMPIS E COMPAS DE 5 ANOS


SAÍDA AO PARQUE DE BEADE


MOI FELICES E MERECIDAS VACACIÓNS! 

martes, 10 de xuño de 2025

 💦FESTA DA AUGA💦

Por fin puidemos poñer as nosas ideas a remollo na FESTA DA AUGA! Todo o alumnado de Educación Infantil e de 1º a 4º sacamos as nosas mellores galas praieiras e puxémonos a remollo.

Gozamos de cada un dos 6 xogos:

Pesca na piscina

Xogos de Equilibrio

Mural colorido

Carreira de Esponxa

A corda que pinga

Burbullas ao aire

Pasamos un día chulísimo! Que ganas de repetir!

xoves, 5 de xuño de 2025

 💚 🌳 SAÍDA FINAL DE CURSO 2024-25: CORAZÓN DE CARBALLO 🌳 💚

O pasado día 5 de xuño fixemos a nosa saída final de curso, e que mellor, que no día do MEDIOAMBIENTE, pasalo nunha experiencia inmersiva na natureza, rodead@s de animais, prantas e demais seres vivos autóctonos! Aquí podedes ollar un chisquiño de todo o que vivimos.


mércores, 4 de xuño de 2025

🫂 ACOLLIDA AS NOSOS FUTUROS COMPIS DE CICLO 🫂

O pasado martes día 3, coincidindo coa semana do medio ambiente e co final de curso, o alumnado de 1º ciclo xuntouse co alumnado de 5 anos para xogar, rir, bailar, cantar e soñar xuntos e xuntas. Foi a nosa forma de darlle a benvida a uns cativos e cativas que están a punto de dar o salto de etapa.

E ollo que isto promete...



domingo, 1 de xuño de 2025

📻TRANSMITIMOS POLA RADIO🎤

Para pechar o mes de maio, as persoas vencedoras do certame da xoaniña transmitiron as súas historias pola radio escolar. E como non podía ser doutro xeito, ao alumnado de 1º e 2º tocounos tamén facer a visita. Así que puxémonos mans a obra, e despois de moito ensaiar achegámonos ao micros e narramos as nosas creacións, diante dun público moi esixente: o alumnado de todo o centro.

Foi xenial a experiencia, ata escoitamos os aplausos dende a peceira! Unha marabilla!