sábado, 12 de abril de 2025

 🤹🏼‍♂️OBRADOIROS DO MES DE ABRIL🤹🏻‍♀️

Antes de comezar as vacacións pasamos un día de xogo, experimentación e larpeiradas xuntos e xuntas. 

Temos as vacacións ben merecidas!!



luns, 7 de abril de 2025

⚓️ VISITA AO MUSEO DO MAR DE VIGO ⚓️ 

O día 3 de abril visitamos o Museo do Mar de Vigo, e aínda que a mañá comezou pasada por auga, tamén soubemos aproveitar as raiolas de sol que bañaron a contorna. 

Investigamos sobre a Prehistoria e o seu modo de vida e tamén sobre os pobos Castrexos, buscamos peixes e demais fauna mariña. Ata tivemos tempo de xogar cunhas vistas incomparables.




mércores, 2 de abril de 2025

💡 OBRADOIRO CREATIVO DE LEGO 💡 

Nada mais comezar o mes de abril tivemos a ocasión de participar nun Obradoiro con pezas lego que nos animou a pensar ao grande construir sen limites. Foi toda unha experiencia na que conxugamos as pezas de toda a vida coa tecnoloxía de hoxe en día. 





🚶🏻‍♀️🚶🏽 ANDAINA POLA PARROQUIA DE VINCIOS 🚶🏻‍♀️🚶🏽

O pasado venres 28 de marzo, un día solleiro e cheo de enerxía puidemos explorar as rúas da nosa parroquia, e non perdemos detalle. Foi unha xornada marabillosa!