xoves, 21 de marzo de 2024

 🏵️ OBRADOIROS DO 2º TRIMESTRE 🏵️

E para rematar o trimestre con bo sabor de boca, o luns 18 de marzo decidimos xuntarnos de novo para compartir experiencias, ideas e moita diversión. Puidemos gozar de 4 obradoiros variados: Land Art, Radio, Atrapasoños na escuridade e Decoración de Ovos de Pascua. 

Aquí podedes ver un anaquiño deste día tan intenso:





martes, 19 de marzo de 2024

🕳️ POSTA EN MARCHA DO COMPOSTEIRO DO COLE🕳️ 

O pasado día 14 de marzo veunos a visitar ao cole un dos técnicos do antigo plan Revitaliza e que agora deron en chamar Pontea0: Antón. 


Antón veu para axudarnos a poñer en funcionamento o composteiro do cole. Explicounos con moito agarimo a cantidade de vida que hai dentro: vermes, caracois, fentos.. 




Falounos do que son os restos orgánicos: todos aqueles que proveñen da natureza directamente e que deben de voler á natureza para coidar do noso planeta. Xa vos dicimos que o papel é un resto complicado, e que é mellor que nos preguntedes.

Tamén nos axudou a entender o importante que é que estea aireado, para iso son os buratiños laterais e o material estruturante. Pero que non o podemos deixar aberto nin andar abrindo cada pouco, mellor unha vez o día. 



E por suposto, como sacalo para utilizalo: sempre pola parte de abaixo.

ata puidemos depositar restos orgánicos que nos gardaron no comedor (gracias)!


Así que despois desta posta a punto, imos a empezar a utilizalo con sentidiño! 


Moitas grazas, Antón.

sábado, 9 de marzo de 2024

🧑🏻‍🚒 VISITA AO parque de bombeir@s DE TEIS 🧑🏻‍🚒

Comezamos o mes de marzo cunha saída moi especial: visita aos bombeir@s de Vigo. Posto que o día estaba moi chuvioso, tiveron a ben acollernos e ensinarnos o seu oficio, explicándonos todas aquelas situacións nas que teñen que intervir e como o fan. Tamén nos deixaron probar o seu oficio, e non se nos deu nada mal! Aquí vos quede un pequeno recolpilatorio do que deu de si toda a mañá.





Aproveitamos para agradecerlles a súa labor. 👏🏾👏🏾👏🏾👏🏾👏🏾