martes, 22 de decembro de 2020

PANXOLIÑAS DE NADAL !

   Aquí vos  deixamos  as  panxoliñas que con  moita ilusión prepararon os  nenos e meniñas  do  noso ciclo . 
  Tamén  podedes ver  na web  do cole  as  actuacións de todas  as " burbulliñas"  nas que nos  convertemos este curso e que copiando a felicitación  do cole ...  foron preparadas con  moito ánimo , agarimo e  sentidiño.





Engadimos uns xogos e actividades online de Nadal para pasar un ratiño.




BOAS FESTAS A TOD@S !

luns, 30 de novembro de 2020

MICRORRELATOS TERRORÍFICOS

Deixámosvos aquí a montaxe con todos os traballos presentados ao primeiro concurso de Librincios deste curso no que tamén se animaron a participar alumnos/as de 1º e 2º cuns fantásticos relatos terroríficos.

Esperando a complicada decisión do xurado para decidir os gañadores ...


venres, 20 de novembro de 2020

DIA DA INFANCIA

 Hoxe lembrando o " Día dos dereitos da Infancia"...



A profe Elena arrincounous máis dun sorriso con este video dos nosos nen@s.

" Unha das cousas máis afortunadas que nos poden suceder na vida e ter unha infancia feliz"

Parabéns aos nosos tesouros que tantas veces nos fan rir .


Se clicades👉 aquí ou entrades no blogue de música  poderedes ver e escoitar aos músicos do cole no seu "Concerto santa Cecilia " Uns artistazos !



luns, 9 de novembro de 2020

SAMAÍN NO COLE

 Así foi o Samaín do Serra este curso.


Déixovos  tamén o cartel coas bases do primeiro concurso de  Librincios deste curso.
                                                          Animarvos !



luns, 19 de outubro de 2020

MAGOSTO NO GALIÑEIRO

     Aquí deixámosvos algunhas fotos de todos os compañeiros do cole que subimos a celebrar o MAGOSTO este curso no Galiñeiro e que compartimos xuntos esta data   pero ... non revoltos, como non puido ser doutro xeito dadas as circunstancias nas que estamos inmersos.

  Por unhas horas case que esquecemos todo e puidemos disfrutar de moito xogo e aire libre nesta fermosa paixaxe da nosa contorna.




mércores, 16 de setembro de 2020

VOLVE O SERRA


Comezamos un novo curso escolar, cunha emocionada benvida a todos os que formades parte  do noso colexio despois de case seis meses coas portas pechadas por mor da pandemia.

Este curso cheo de incertezas vai ser moi especial e todos teremos que poñer da nosa parte para que o día a día resulte o mellor posible dentro das circunstancias que nos toca vivir. 

Calma e ánimo que aínda nos queda moito por compartir !

BENVIDOS A TOD@S !